Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago organiza mañá unha xornada sobre como xestionar un negocio na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago organiza mañá unha xornada sobre como xestionar un negocio na Rede

Redacción
Publicado: 03/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

erp.jpgA Cámara de Comercio de Santiago organiza este mércores unha xornada de balde para a xestión integral dun negocio a través da Rede. A actividade, que comeza ás 11:00 horas no salón de actos da entidade, está dirixida “ao público en xeral” pero concibiuse para achegar especial interese a directivos, altos executivos e pequenas e medianas empresas (PEME) do sector da moda e complementos. Os organizadores da xornada parten dunha premisa (o moito que se teñen afianzado as novas ferramentas no plano comercial e empresarial, e o motivo que se van seguir afianzando no futuro) para lembrar aos participantes que a día de hoxe “é impensable para unha empresa levar a administración, a xestión e a comunicación sen o uso de plataformas dixitais”. Neste senso, o obxectivo é axudar ás empresas a adaptarse plenamente a esta nova contorna.
Mediante esta formación, os asistentes coñecerán o uso dos sistemas de xestión ou ERP (Enterprise Resource Planning) que permiten xestionar de maneira rápida e sinxela os cobros, o almacén de produtos, os envíos, as bases de datos de clientes ou a contabilidade da empresa desde un mesmo sitio web. Por outra banda, na xornada explicarase como atraer a potenciais clientes e usar unha correcta planificación e estratexia da comunicación en medios sociais.
A conferencia será impartida polo responsables de medios sociais da empresa Unayta, Andrés Rozados, que explicará punto por punto os diferentes pasos a seguir para elaborar unha axeitada programación da xestión empresarial a nivel interno e externo. Ao rematar o relatorio, os asistentes poderán solicitar unha auditoría sobre a súa empresa e resolver dúbidas co especialista en xestión de ERP Francisco Montes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?