Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Costa dos Castros acada o seu reto de micromecenado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Costa dos Castros acada o seu reto de micromecenado

Redacción
Publicado: 04/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

costa_dos_castros.jpgEste verán presentábanse en Pedornes, Oia, os detalles dunha interesante e innovadora iniciativa galega de dinamización social e cultural encamiñada a reivindicar o patrimonio castrexo da costa sur galega a través da metodoloxía do traballo colectivo (metodoloxía aplicada tamén ao ámbito do financiamento, para o que se empregou a fórmula do crowdfunding). Falamos do proxecto Costa dos Castros, que inclúe entre outras cousas a posta en marcha dun sistema de rexistro arqueolóxico dixital en colaboración coa firma británica DigVentures, que botou unha man á hora de levar información sobre a iniciativa a unha boa parte do mundo. Facíase fincapé daquela en que estabamos perante o primeiro crowdfunding (micromecenado) arqueolóxico de Galicia. Ao longo do verán e do outono a técnica de recadado colectivo de apoios orzamentarios fixo posible que se acadaran máis de 10.000 euros, o que significa a consecución dos obxectivos fixados no comezo da campaña.
A finalidade deste orzamento será a de protexer o patrimonio arqueolóxico e natural de Oia, a través do proxecto Costa dos Castros. Segundo lembran os impulsores do proxecto, este xa se atopa cen por cen afianzado e amosando resultados ben visibles. Por exemplo os tres traballos arqueolóxicos levados a cabo nos castros de A Cabeciña, Cano dos Mouros e Chavella ou o importante número de visitas guiadas (medio milleiro) realizadas, amais de xornadas de divulgación e visitas aos colexios.
Como lembraremos, o proxecto de micromecenado Costa dos Castros veu da man de catro comunidades de montes da costa sur de Galicia, coa colaboración do Concello de Oia, asociacións de hostaleiros locais, o INCIPIT-CSIC e a devandita firma DigVentures. A contorna a impulsar é o treito de beira marítima que vai dende baía de Baiona ao esteiro do Miño, un arco litoral que agocha once castros e ducias de estacións de arte rupestre. Este rico patrimonio foi o que animou ás catro comunidade de montes da contorna a crear a etiqueta Costa dos Castros.
A campaña de micromecenado foi dirixida a que a veciñanza da contorna puidera recadar fondos e actuar directamente sobre varios destes enclaves arqueolóxicos. Fíxose como dixemos en colaboración con DigVentures, unha empresa británica que xa levou a cabo con éxito un bo número de iniciativas deste tipo no seu país. Tamén están a participar antropólogos da institución científica INCIPIT-CSIC, que fan un seguimento de Costa dos Castros como un exemplo de novos xeitos de facer arqueoloxía no marco do proxecto europeo NEARCH. A un nivel máis local as comunidades de montes reciben o apoio do Concello de Oia; de ANABAM e ACAMO -asociacións pola ecoloxía e o patrimonio, respectivamente- e de hostaleiros locais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?