Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentada a nova edición (a 15 xa) do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentada a nova edición (a 15 xa) do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos

Redacción
Publicado: 04/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_ourense_concurso_provincia_tecnoloxica.jpgA sede da Deputación de Ourense acolleu este martes a presentación do 15 Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, unha actividade que se vai resolver o vindeiro 10 de decembro na Escola Superior de Informática do campus local e que se dirixe a establecer pontes firmes de interrelación entre a I+D levada a cabo na universidade (ámbito TIC) e o tecido produtivo da contorna, ou sexa, as empresas. O acto de presentación contou coa presenza da directora da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense, Ana Garriga; o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez. Todos eles salientaron a gran novidade posta en xoga nesta edición: a entrega do Premo Provincia Intelixente que vai entregar por vez primeira a Deputación (a maiores patrocinadora do evento).
O galardón do organismo ourensán, fíxose saber, é unha “categoría especial que ten a súa orixe no apartado Provincia Intelixente do Plan Ourense 15-19, orientado a dar servizos ós cidadáns e ás administracións locais e no que as tecnoloxías da información teñen unha especial incidencia no seu desenvolvemento”. Polo tanto, engadiuse, o obxectivo é amosar e visualizar en detalle os traballos que poidan ser encamiñados a dar solucións abeiradas ao devandito proxecto.
Volvendo ao Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, lembrar que se presenta unha vez máis como “unha gran oportunidade para que os estudantes do sector TIC de Galicia e de Portugal dean a coñecer os seus proxectos de fin de carreira, o seu talento e o seu espírito emprendedor”. En última instancia, o que se busca co certame é incentivar e estimular o mercado laboral, amais de expoñer novas oportunidades de emprego lembrando ás empresas as múltiples vantaxes que poden acadar de incluíren nas súas fileiras profesionais galegos e portugueses procedentes das novas tecnoloxías. Tendo en conta isto, darase acubillo no certame a aqueles traballos onde prevaleza “unha clara aplicación das súas ideas ao mundo empresarial e que estean vencelladas coa realidade e necesidades cotiás”.
O acto de entrega dos premios terá lugar na Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo-Campus de Ourense, co-oganizadora do concurso xunto a Expourense, e será o xoves 10 de decembro. As bases da convocatoria para presentar os traballos poden consultarse na páxina web de Expourense. En total repartiranse 1.400 euros en premios. O prazo para a recepción dos traballos remata o 26 de novembro. Pódense presentar os estudantes dos títulos de Enxeñaría en Informática, Enxeñaría de Telecomunicación e traballos de fin de máster de másteres oficiais relacionados co eido das TIC das tres universidades galegas e tamén do Norte de Portugal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?