Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Federacións de Comercio impulsan con obradoiros o emprendemento e a innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Federacións de Comercio impulsan con obradoiros o emprendemento e a innovación

Redacción
Publicado: 05/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

federacion_comercio_obradoiro.jpgA Federación de Comercio de A Coruña, presidida por Miguel Agromayor Vázquez, celebrou esta mañá na sede da Confederación de Empresarios de A Coruña unha iniciativa de divulgación para dar a coñecer os recursos dos que dispoñen os nosos novos profesionais para lanzar iniciativas de mercado innovadoras. Trátase do Taller de Emprendemento e Creatividade Tecnolóxica, organizado en colaboración coa Federación Galega de Comercio e a Xunta a través da Dirección Xeral de Comercio, cuxa máxima responsable, Sol Vázquez Abeal, amosou as ferramentas que a Administración galega pon a disposición dos empresarios e emprendedores para facilitar ao máximo a posta en marcha de novas iniciativas de mercado.
O obxectivo do obradoiro, que se desenvolverá nas catro provincias galegas, é fomentar o emprendemento, a renovación e a consolidación comercial. Neste senso, foron expostas experiencias de éxito de empresas como Boutique Trés Jolie (Cristina Rey), Boutique Pilar y Carmen (Pilar Varela), Mustang (José Manuel Castro) e Zapaterías 100pies (David Vidal), todas elas, segundo se fixo saber, “baseadas na innovación e as novas tecnoloxías da información”.
Segundo engade a Federación de Comercio da Coruña, do que se tratou con esta experiencia foi “de transmitir información e exemplos de aptitudes e competencias que permitan ao comercio galego responder efectivamente ós desafíos, problemas, oportunidades e cambios que afronta”. Ou sexa, que o que se buscou (e buscarase nos vindeiros obradoiros) foi “achegar medios para que o sector acade a diferenciación e competitividade necesaria a través do emprego de novas canles de promoción e venda, distribución, mantemento de clientes e coñecemento do consumidor”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?