Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un simposio internacional debullará en Pontevedra a transformación dos medios en metamedios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un simposio internacional debullará en Pontevedra a transformación dos medios en metamedios

Redacción
Publicado: 05/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

facultade_comunicacion_pontevedra.jpgA finais do mes de novembro, os días 27 e 28, celébrase no Campus de Pontevedra unha actividade destinada a afondar polo miúdo nos cambios que as novas tecnoloxías están a provocar no tecido comunicativo actual. Trátase do Simposio Internacional sobre Xestión da Comunicación, que se vai desenvolver na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e que xuntará, neste mesmo recinto, preto dun cento de investigadores e investigadoras de diferentes países. As xornadas veñen da man da Rede Internacional de Investigación en Xestión da Comunicación (XESCOM), que coordina o grupo Novos Medios da Universidade de Santiago e da que forman parte os grupos de investigación Necom e Mile da Universidade de Vigo, e iMarka, da Universidade da Coruña.
O simposio internacional contará entre os seus conferenciantes con expertos como o profesor da universidade británica de Hulll Raphael Cohen, a investigadora da Pontificia Universidade Católica de Ibarra en Ecuador Alba Silva, o vicerreitor da Universidade de Beira Interior lusa João Canavilhas ou o director do Media Intelligence Service da Unión Europea de Radiodifusión, Roberto Suárez.
Dos medios aos metamedios é o título deste simposio no que se combinarán a presentación de traballos de investigación cunha serie de relatorios e mesas de debate, abertas ao público, nas que participarán expertos e profesionais de recoñecido prestixio. Segundo fai saber a organización das xornadas, a idea dos metamedios é un concepto que busca expresar o que hai alén dos medios tradicionais, aqueles ligados ás TIC. Polo tanto, o congreso diríxese en boa medida a amosar o presente e o futuro destes novos espazos de comunicación, pero tentando en todo intre que “a temática sexa do máis ampla e variada posible”. As xornadas abranguerán o papel dos medios como actores económicos e industriais e, tamén, a transformación tecnolóxica que está experimentando o ecosistema mediático e a propia comunicación das organizacións corporativas e institucionais.
O simposio da rede XESCOM, proxecto de investigación financiado pola Consellería de Cultura e Educación e coordinado polo profesor da USC Francisco Campos, artéllase en torno a dez eixos temáticos. Neles agrúpanse as preto de 100 comunicacións que ao longo destas dúas xornadas exporán no campus investigadores e investigadoras de España, Portugal, Italia ou Brasil, e que abranguen dende a mercadotecnia, a comunicación corporativa e institucional ou a comunicación política e a publicidade, á situación do xornalismo nun “ecosistema multiplataforma e multipantalla” ou o papel que xogan as redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?