Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AtlantTIC, Gradiant, Itmatia e EnergyLab amosaron os seus proxectos á ministra Ana Pastor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AtlantTIC, Gradiant, Itmatia e EnergyLab amosaron os seus proxectos á ministra Ana Pastor

Redacción
Publicado: 06/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_visita_ana_pastor.jpgA ministra de Fomento, Ana Pastor, visitou este xoves a Universidade de Vigo. A titular de Fomento foi recibida polo reitor, Salustiano Mato, con que participou nun encontro de traballo xunto con representantes da institución académica e os seus centros de investigación, entre os que se atopaban o comisionado do Vigo Tecnolóxico, José Antonio Vilán e o representante do Centro Singular de Investigación, AtlantTIC, Carlos Mosquera. Tras asinar no Libro de Honra da Universidade, Pastor, que estivo acompañada na visita ao campus de Vigo polo director de Renfe, Pablo Vázquez, puido coñecer as capacidades da Agrupación Estratéxica Industria e Enerxía, Inex, e do Centro Singular de Investigación AtlantTIC en relación cos trens e as liñas de alta velocidade.
José Antonio Vilán expuxo á ministra de Fomento as potencialidades da Agrupación Estratéxica Industria Enerxía, que reúne a case unha trintena de grupos de investigación, con máis de 200 investigadores e investigadoras, na súa maior parte enxeñeiros industriais. Pola súa banda, Carlos Mosquera trasladou a Ana Pastor as potecialidades do centro AtlantTIC, onde xuntan forzas 12 grupos de investigación, con 183 investigadores e investigadoras enxeñeiros de telecomunicación, que desenvolven as súas liñas de traballo nas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC).
Máis tarde, a ministra de Fomento, acompañada do presidente de Renfe, desprazouse ao Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo, CITEXVI, onde tivo ocasión de coñecer de primeira man as instalacións e os equipos de traballo do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, a empresa Itmatia e o Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética, EnergyLab. Luis Pérez e Fernando Jiménez, director xeral e xerente de Gradiant, foron os encargados de amosar á ministra os espazos de traballo e desenvolvemento do centro tecnolóxico, que conta con máis de 80 empregados e empregadas.
Pola súa banda, Fernando Vázquez e Luis Díaz, director xeral de Imatia e presidente do padroado de EnergyLab, expuxéronlle as potencialidades da empresa especializada no desenvolvemento de software para empresas e administracións e do centro tecnolóxico dedicado a desenvolver e difundir tecnoloxías e hábitos de consumo que optimicen a eficiencia e sustentabilidade enerxética.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?