Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HappyCar confirma o imparable medre das reservas de aluguer de coche vía móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

HappyCar confirma o imparable medre das reservas de aluguer de coche vía móbil

Redacción
Publicado: 06/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

happycar_tableta_aluguer_coches.jpgA firma HappyCar (comparador de prezos de automóbiles de uso temporal) vén de realizar un informe sobre o uso das novas tecnoloxías para reservar coches de aluguer nun feixe de países europeos. Segundo informa a empresa, a taxa de emprego de dispositivos intelixentes e tabletas por parte dos condutores españois para realizar a devandita operación é arestora do 30%. Este dato, sinala HappyCar, “certifica a importancia que están a adquirir os trebellos móbiles no ámbito do comercio electrónico”. Segundo engaden fontes do comparador europeo, o informe serve para confirmar, dende o específico ao xeral, ata que punto están a mudar os hábitos dos internautas españois (hábitos cada vez máis envorcados no dixital).
Para a investigación, a firma analizou o comportamento de usuarios do cinco países europeos nos que opera (Alemaña, Holanda, Francia, España e Italia) reservando coches de aluguer a través da súa páxina web e da súa aplicación en iOS no período comprendido entre xuño e agosto de 2015, tempada alta no devandito sector. A través deste seguimento, sinala a empresa, puidéronse observar tendencias de consumo en liña no mercado dos coches de aluguer e do sector turístico, en xeral. Nun plano concreto, descubriuse que as reservas realizadas a través de teléfonos móbiles representan unha media de entre o 15 e o 20% das reservas totais mensuais en todos os países estudados. No caso español, unha media do 19,02% dos usuarios decantáronse por facer a súa reserva a través do seu móbil entre os meses de xuño e xullo. Ao abeiro deste seguimento achouse que mentres que en xuño apenas un 14,75% destes usuarios reservaban co seu dispositivo intelixente, esta cifra aumentou ata o 20,58% en xullo e ata o 21,73% en agosto. Segundo confirma HappyCar, as cifras amosan neste senso unha tendencia clara: cada vez máis españois deciden alugar un coche de aluguer a través do seu móbil.
Pola súa banda, o comportamento das reservas a través de tabletas “non é tan optimista”. Segundo se fai saber, “apenas unha media do 9,15% dos usuarios españois reservaron a través destes dispositivos no verán, e mesmo pódese observar un lixeiro descenso desde xuño, cando o 10,35% dos clientes reservaron o seu coche coa súa tableta, ata agosto, mes no que a devandita porcentaxe baixou ata o 8,18%”.
No informe tamén se indica que malia o aumento das reservas feitas con teléfonos móbiles, “o computador de sobremesa segue a ser o dispositivo número un para reservar coches de aluguer”. Porén, trátase dunha opción á baixa. No que corresponde aos usuarios españois, o descenso “é claro”, explica HappyCar, que engade que o 74,91% dos usuarios elixiu o computador en xuño para facer o seu reserva; cifra que descende ao 70,09% en agosto. Deste xeito, o descenso en dous meses é de catro puntos porcentuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?