Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O certame galego D3Mobile amósase en Bruxelas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O certame galego D3Mobile amósase en Bruxelas

Redacción
Publicado: 06/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_d3mobile-3.jpgO campionato mundial de modelado 3D de precisión con móbil D3Mobile Metrology World League, certame promovido polo grupo de investigación USCAN3D da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, terá presenza dende hoxe en dous importantes foros científico-tecnolóxicos a celebrar en Bruxelas. Trátase de dous encontros impulsados pola iniciativa europea Scientix e nos que as investigadoras da USC Mariluz Gil Docampo e Teresa Rego Sanmartín presentarán as características e os obxectivos da D3Mobile Metrology World League, unha iniciativa dirixida a potenciar as vocacións científicas en estudantes de ensinanzas medias de todo o mundo.
Como dixemos, os dous eventos científicos nos que se presentará este campionato mundial de raizame galega están organizados por Scientix, unha iniciativa de European Schoolnet, a rede de 31 Ministerios Europeos de Educación financiada polo VII Programa Marco da Unión Europea. Scientix é un proxecto que promove e apoia a colaboración entre docentes, investigadores do ámbito do ensino, lexisladores e outros profesionais da docencia de materias CTIM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) a nivel europeo.
As investigadoras do grupo USCAN3D Mariluz Gil Docampo e Teresa Rego Sanmartín, ofrecerán este venres no Laboratorio da Aula do Futuro (FLC) un primeiro relatorio de presentación, no que exporán a traxectoria seguida polo campionato D3Mobile desde que arrincou a primeira edición, en 2012. Durante este primeiro evento, compartirán e intercambiarán a súa experiencia, métodos, problemas, boas prácticas, etc. con outros responsables de proxectos de ensino de STEM e habilidades dixitais de varios países europeos. Gil Docampo e Rego Sanmartín, do grupo USCAN3D da USC, farán o sábado unha nova presentación ante directores de centros escolares de toda Europa, reunidos neste segundo evento para compartir coñecemento e consellos entre eles e discutir os enfoques escolares que permitan fomentar o interese dos estudantes polas carreiras científicas. Segundo informa a Universidade de Santiago, os docentes participantes tamén poderán experimentar unha das probas incluídas no campionato mundial de modelado 3D de precisión con móbil nun workshop que se desenvolverá a mañá do domingo 8 de novembro.
O campionato D3MOBILE, que dirixe o profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo, Juan Ortiz, foi unha do dez iniciativas financiadas por fondos públicos convidadas por Scientix para este evento.
Respecto dos apoios cos que conta D3Mobile Metrology World League, salientar o apoio recibido nas tres edicións xa celebradas pola Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT); o Centro Español de Metroloxía (CEM), o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), a Fundación Vodafone España, Universia, o Banco de Santander, a Fundación Barrié, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo, a Sociedade Latinoamericana de Ciencia e Tecnoloxía e empresas como a española BQ, así como diversas asociacións de pais de alumnos, sindicatos e centros educativos, que apoian o proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?