Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e Abanca achegan app para permitir o pago de impostos locais co móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e Abanca achegan app para permitir o pago de impostos locais co móbil

Redacción
Publicado: 09/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

depu_coruna_abanca_aplicacion.jpgA entidade financeira galega Abanca e a Deputación da Coruña presentaron esta mañá unha aplicación para dispositivos destinada a permitir o pago de impostos locais a través do noso aparello móbil. A ferramenta foi dada a coñecer nun contexto máis amplo: o contexto da formalización do acordo para a nova andaina do Plan Activamos, unha iniciativa conxunta a través da cal Abanca destinará 87 millóns de euros a financiar proxectos de pulo económico e social na provincia (segundo fixeron saber as dúas entidades, “cun incremento do 20% con respecto á edición do pasado”). No acto de sinatura participaron o deputado de Economía Antonio Leira, e o director de Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa.
Segundo fixeron saber o organismo provincial e a entidade financeira, a nova aplicación que a Abanca vén de deseñar xa está dispoñible tanto para dispositivos con Android como para aparellos con iOS, co nome de “Deputación da Coruña”. Esta iniciativa, explicouse na rolda de prensa, “busca facer máis doado e accesible o pago dos impostos aos cidadáns co emprego das novas tecnoloxías, poñendo para iso á súa disposición canles cunha operatividade de 24 horas ao día os sete días da semana”.
A aplicación, máis polo miúdo, permite o pago de taxas locais de xeito “rápido e sinxelo” e en “dous cómodos pasos”. Primeiro elíxese como se introducen os datos do recibo (facendo unha foto coa cámara do móbil ao código de barras, introducindo os números do código de barras ou escribindo os datos do recibo) e, despois, hai que teclear os datos do cartón de crédito para efectuar o pago. Co obxectivo de axilizar a introdución de datos, tanto da tarxeta como do recibo, a ferramenta permite engadilos facéndolles unha foto coa cámara do móbil. A aplicación conta, ademais, cun asistente que axuda ao usuario a formalizar o pago de recibos guiándoo en todo o proceso. Este tipo de pago a través da ferramenta é de balde, “sen ningún tipo de comisión”. O seu deseño insírese ao abeiro da estratexia de Abanca de facilitar o desenvolvemento tecnolóxico no seu ámbito de actuación para poder “ofrecer un servizo omnicanle, innovador e con altos niveis de calidade”.
depu_coruna_abanca_acordo.jpgNoutra orde de cousas, sinalar que no transcurso da presentación as dúas entidades indicaron que través do Plan Activamos, a entidade bancaria vai seguir financiando, “en condicións preferentes con respecto ás estándar do mercado”, proxectos relacionados coa formación, a accesibilidade das vivendas, a extensión das novas tecnoloxías, a eficiencia enerxética, o emprendemento e a creación de emprego. Lembraron que os produtos de financiamento do Plan Activamos “contan con tipos de interese bonificados en relación a oferta bancaria actual e sen bandas de fluctuación, e que, ademais, carecen de comisións de apertura, estudo, amortización ou cancelación anticipada, dispoñendo de amplos prazos de amortización”.
Até o de agora (e tamén de agora en adiante), PEME, microempresas, comerciantes e autónomos foron os principais beneficiarios dos créditos do Plan Activamos. En total, tramitáronse con estes segmentos 2.652 operacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?