Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede PLIR amosou os seus avances no deseño de ferramentas que recoñecen emocións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede PLIR amosou os seus avances no deseño de ferramentas que recoñecen emocións

Redacción
Publicado: 09/11/2015
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

citius_3.jpgTomando como base o noso xeito de comunicarnos no senso máis amplo do termo (non só comunicar conceptos senón tamén emocións), a Rede Galega Galega de Procesamento da Linguaxe e Recuperación de Información (Rede PLIR) está a desenvolver unha serie de ferramentas que non só captan o que dicimos na Rede senón tamén (e o que en ocasións é máis importante) como o dicimos e en que estado nos atopamos cando o dicimos. Estas tecnoloxías déronse a coñecer o pasado venres no salón de actos do CiTiUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información). No acto participaron integrantes da Rede PLIR, composta por sete grupos de investigación das tres universidades galegas que traballan no eido das tecnoloxías da linguaxe; tres da Universidade da Coruña, un de Santiago e outros tres de Vigo.
Na cita, os devanditos grupos (nos que participan lingüistas e expertos en Ciencias da Computación) amosaron os seus principais avances perante empresas e profesionais e investigadores potencialmente interesados nos seus desenvolvementos. A este respecto (ao respecto das posibles aplicacións das ditas tecnoloxías no mercado), os membros da Rede PLIR fixeron saber que as ferramentas que atesouran capacidade para detectar emocións teñen unha gran utilidade para avaliar as opinións dos consumidores cara a determinados produtos ou servizos (a través, sobre todo, das mensaxes deixadas nas redes sociais).
citius_ferramentas_big_data_emocions.jpgNa xuntanza, ademais dos integrantes da Rede PLIR, participou o investigador de Yahoo! Roi Blanco, quen repasou a importancia da integración das tecnoloxías da lingua no desenvolvemento de buscadores web de última xeración.
Entre os colectivos impulsores da PLIR presentes na cita do CiTIUS atopábase o Grupo de Compiladores e Linguaxes da Universidade de Vigo, liderado polo coordinador da Rede, o catedrático Manuel Vilares. Este grupo, formado por investigadores das áreas de Tradución e Ciencias da Computación, adícase ao desenvolvemento de tecnoloxía en colaboración con recoñecidas empresas e centros de investigación de Francia, Portugal, Holanda, Suíza e Estados Unidos, en particular co Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. En Galicia, dende hai máis dunha década desenvolve analizadores para a lingua galega co Centro Ramón Piñeiro. Un dos eidos nos que traballa este equipo é o deseño e explotación dos recursos lingüísticos que serven de alicerce ás tecnoloxías da lingua. Segundo fixo saber Vilares na xuntanza do CiTIUS, “trátase de empregar o poder expresivo da nosa propia lingua para definir metodoloxías que permitan organizar de forma eficiente a avalancha de datos a nosa disposición, de maneira que sexa útil sen necesidade de sermos expertos informáticos”. O grupo lembrou na cita que ten desenvolvido tecnoloxías básicas nos eidos da análise do léxico, da sintaxe e da semántica. Tamén lembrou que ten traballado con aplicacións prácticas das ditas tecnoloxías a diferentes linguas e en “ámbitos tan dispares como as enfermidades raras ou a biodiversidade”.
A maiores disto, e indo ao miolo do presentado na cita do venres 9 de novembro, o equipo recordou que centra unha boa parte do seu labor actual no que se coñece como “minería de opinións”, unha liña de investigación que se centra en captar a verdadeira natureza dos sentimentos dunha persoa en relación a un feito concerto, persoa ou circunstancia. E todo a través do que esa mesma persoa conta. Segundo fixeron saber dende o colectivo investigador que dirixe Manuel Vilares, “as posibilidades inmediatas desta liña son inmensas na acreditación de servizos ao usuario e na toma de decisións, tanto por parte de empresas como das administracións”. E engadiu: “Se somos capaces de captar informaticamente o sentimento dunha mensaxe, teremos sentado as bases para afrontar un vello reto da Intelixencia Artificial, outorgar a capacidade de recoñecer emocións a un sistema artificial”.
citius_xornada_ferramentas.jpgOutro dos equipos integrados nesta Rede PLIR e presentes na xornada do CiTIUS é o Grupo Lingua e Sociedade da Información da Universidade da Coruña, coordinado pola profesora Margarita Alonso e formado por expertos en Lingüística, Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial que traballan no eido das tecnoloxías lingüísticas. O seu traballo, fixeron saber, vai dirixido “a crear ferramentas que incorporen modelos computacionais da lingua que se aproximen á capacidade humana nas tarefas lingüísticas de tratamento dos textos”. Estes modelos, dixeron, “son especialmente útiles para a construción de aplicacións prácticas que faciliten a comunicación entre os computadores e o ser humano”.
Segundo engadiron a un nivel máis concreto, unha das súas liñas de investigación céntrase “na análise sintáctica”, que ten como obxectivo o desenvolvemento de técnicas que permitan ao computador entender cal é a estrutura da frase, paso fundamental para poder determinar cal é a función de cada palabra e poder así comprender que é o que se quere dicir nun texto. “Trátase”, explicou Alonso, “de ensinar ao ordenador a facer algo semellante á análise sintáctica de oracións que se realiza no colexio”. A día de hoxe, o equipo que dirixe Margarita Alonso está a afondar na posibilidade de crear analizadores sintácticos multilingües que permitan analizar frases nas que se mesturan dous idiomas, “como acontece no spanglish”, dixeron.
No que se refire á devandita “minería de opinións”, sinalaron que se trata dunha liña encamiñada a tratar de determinar se un texto expresa unha opinión e, de ser así, se esa opinión é boa ou mala. Ao seu xuízo, “a única maneira de poder procesar toda a inxente información que aparece hoxe nas redes sociais acerca dun produto ou un acontecemento é a través das ferramentas que nos ofrece a minería de opinións”. No caso do grupo da UDC e do seu traballo específico, sinalaron, “centrámonos nas opinións expresadas a través de Twitter, tanto en español como en inglés, aínda que trataremos de facelo tamén en galego axiña”. Así, fixeron saber o alcance deste nivel de estudo, “é posible predicir quen é o político mellor avaliado polos usuarios de redes sociais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?