Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole prepárase para celebrar a Galiciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole prepárase para celebrar a Galiciencia

Redacción
Publicado: 09/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ougaliciencia14f03.jpgA Galiciencia cumpre dez anos de vida e quer celebralo ao grande: con récord de visitantes (supéranse os 20.000 ao longo destes 10 anos) e proxectos (500 na vida total do evento) chegados de toda Galicia, Euskadi e Cataluña … e mesmo cunha torta de aniversario! Indo ao miolo da que se pode considerar a meirande feira científica de Galicia, informar que o encontro terá lugar a vindeira semana, entre o 18 e o 20 de novembro, no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense), no que se presentarán 74 investigacións e enxeños, todo isto grazas ao apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Cómpre informar que a Tecnópole reforza a organización de actividades parellas e consolida a experiencia piloto do ano pasado para dar entrada a proxectos de Primaria: 52 proxectos de Secundaria e 22 de Primaria, estes últimos fóra de competición.
Emporiso, a previsión de visitas de grupos escolares de toda Galicia supera as 2000, ás que se sumarán as persoas que acudan pola súa conta, xa que a feira é de entrada libre polas tardes. A exposición de proxectos permanecerá aberta de 10 a 13 horas pola mañá e de 15 a 18 horas pola tarde.
Os participantes competirán por situarse entre os tres finalistas e o que acade a maior puntuación levará o primeiro premio (1000 euros) para financiar a súa participación na maior feira científica a nivel estatal, a Exporecerca 2016.
Como xa apuntamos ao comezo, a Galiciencia chega á súa décima edición cun variado programa de actividades, que inclúe a conmemoración do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz a través de catro obradoiros para diferentes idades. Engadir que esta será tamén a temática da exposición instalada polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da charla que poderá seguirse en liña dende calquera centro educativo de Galicia grazas á súa retransmisión en streaming.
galiciencia2-3.jpgEn canto aos máis pequenos, terán a ocasión de mergullarse no mundo da robótica a través doutro obradoiro. E os maiores poderán percorrer os dez anos do evento a través dunha exposición de fotografía na que se recollen os mellores intres.
Un ano máis, a Galiciencia contará cun equipo de reporteiros audiovisuais formado por participantes na feira, que gravarán todo o que aconteza para editar o vídeo oficial do evento coas mellores imaxes. Asemade, o certame volverá montar a súa propia redacción de xornalistas (formada por estudantes adestrados como reporteiros) para cubrir o evento e elaborar entre todos a revista oficial, que será distribuída entre os asistentes á entrega de premios o último día.
Xa na clausura, alén da entrega de premios aos mellores proxectos e ao gañador do concurso de fotografía científica, todos os participantes soprarán as candeas dunha torta para festexar o décimo aniversario da Galiciencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?