Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imatia e Situm impóñense nos Premios Galicia Spin-Off
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imatia e Situm impóñense nos Premios Galicia Spin-Off

Redacción
Publicado: 09/11/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

situm-2.jpgFinalmente xa temos os nomes das firmas recoñecidas nos Premios Galicia Spin-Off, organizados por Banco Pastor (Grupo Banco Popular) e o portal galego de divulgación científico-tecnolóxica GCiencia. Por unha banda temos a empresa viguesa Imatia, adicada ao desenvolvemento rápido de software innovador. Pola outra, á compostelá Situm, especializada en xeoposicionamiento en interiores. Ambas firmas foron elixidas polo xurado como as gañadoras dos Premios Galicia Spin-off nas categorías Selo de Calidade e Idea Emerxente, respectivamente. A empresa de biotecnoloxía Celtalga recibirá tamén unha distinción ao resultar finalista na categoría Idea Emerxente.
Lembrar que os premios foron convocados co obxectivo de distinguir as mellores iniciativas empresariais xurdidas nos grupos de traballo de traballo das nosas tres universidades (o que se coñece como spin-offs) máis destacadas pola súa traxectoria (Selo de Calidade) e pola posta en marcha de ideas innovadoras (Idea Emerxente). Os galardóns entregaranse nun acto que terá lugar a finais de novembro na sede da Fundación Barrié de la Maza en A Coruña.
imatia-3.jpgO xurado, composto por expertos de Pastor, do CSIC, da Real Academia Galega de Ciencias, do portal GCiencia e profesionais da ciencia, tivo “un difícil traballo para elixir as propostas gañadoras entre unha ducia de iniciativas que accederon á selección final do premio”, segundo informan os organizadores do certame. Entre as empresas participantes atopábanse firmas adicadas á creación de software innovador, outras que innovan cos seus produtos no sector sanitario, empresas agroalimentarias punteiras e compañías que investigan novos produtos procedentes do medio mariño.
Imatia, como recordaremos, é unha spin-off especializada no desenvolvemento rápido de software innovador para empresas e administracións públicas. O seu obxectivo estratéxico é a comercialización de produtos de software a través das marcas Ontimize, Cividas e Elastic. Entre os méritos que o xurado tivo en conta para a concesión do premio destaca “a súa traxectoria de excelencia ao longo de dez anos”, nos que acadou fitos como a venda dos seus produtos nos países máis avanzados do mundo e emprazarse como provedora de empresas referenciais no mercado como Inditex, BNP Paribas ou ADIF. Imatia conta a día de hoxe cun persoal de 71 traballadores (moitos deles titulados nas tres universidades galegas) e prevé uns ingresos este ano superiores aos 3,5 millóns de euros. Como gañadora do premio no apartado Selo de Calidade, Imatia recibirá unha oferta de financiamento de Pastor e recibirá unha peza escultórica exclusiva.
No apartado Idea Emerxente a candidatura gañadora foi a de Situm Technologies, nada na Universidade de Santiago de Compostela. Dedícase, como recordaremos, ao desenvolvemento e comercialización da súa propia tecnoloxía de localización en interiores para dispositivos intelixentes. As súas tecnoloxías implantáronse xa en máis de 30 edificios repartidos por diversas partes do mundo (Galicia, Madrid, Barcelona, EUA, Xapón e Colombia). O seu produto principal, Situm RTLS, é unha plataforma de localización en interiores para teléfonos intelixentes. O premio que recibirá como gañadora no apartado Idea Emerxente consistirá en 2.000 euros en metálico, unha peza de deseño exclusivo e unha oferta de financiamento de Pastor. Situm, entre outros fitos recentes, fíxose co co primeiro premio da iniciativa YUZZ a nivel estatal, situouse entre as gañadoras do concurso Elevator Pitch Singularity University, fíxose co premio Ideas do proxecto Coruña Smart City, conseguiu o recoñecemento como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) da Xunta de Galicia e tamén liderou os premios da I edición de Galicia Open Future.
A candidatura finalista no apartado Idea Emerxente é a spin-off da Universidade de Santiago Celtalga Extract. A empresa dedícase á produción de extractos acuosos de macro algas procedentes das costas galegas. Os produtos obtidos aplícanse de xeito prioritario ao sector cosmético aínda que tamén se poden utilizar noutros eidos como a alimentación e a agricultura. As vendas da empresa acadarán os 250.000 euros en 2016. Como finalista neste apartado, Celtalga recibirá unha peza física de deseño exclusivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?