Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xacopedia, a nova enciclopedia virtual do Camiño de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xacopedia, a nova enciclopedia virtual do Camiño de Santiago

Redacción
Publicado: 09/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20151109_xacopedia_01.jpgEsta mañá presentouse a Xacopedia, unha enciclopedia en liña que recolle a cultura xacobea nun espazo web que amosa información do Camiño de Santiago de xeito sinxelo permitindo a interacción do usuario. Este espazo recolle máis de tres mil entradas do A ao Z, milleiros de fotografías e máis dun cento de mapas e gráficos sobre a Ruta Xacobea. Unha obra totalmente actualizada, cunha interface sinxela e moi atractiva, adaptado a todos os dispositivos, que conta coa colaboración de destacados especialistas internacionais do Camiño de Santiago.
20151109_xacopedia_03.jpgDurante a súa presentación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que o feito de promover e potenciar a investigación e o afondamento nas raíces do Camiño de Santiago repercute moi notablemente na súa conservación e na súa posta en valor. Explicou que esta é unha das iniciativas incluídas no Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago na súa liña estratéxica dedicada á investigación, comunicación e divulgación do Camiño e da Cultura Xacobea.
A Xacopedia dispón dun buscador para a localización dos distintos termos e dos contidos das distintas entradas. Á vez que o usuario vai tecleando vánselle mostrando suxestións dos distintos termos almacenados na base de datos de maneira que a busca de información resulta moi doada.
Ademais, cada información contén ligazóns a todos aqueles termos que se atopen dentro da grande enciclopedia para, dun xeito rápido, cómodo e sinxelo, poder seguir profundando nos contidos. Así mesmo, os usuarios poden complementar cada entrada e os comentarios poden ser contestados por outros usuarios e marcados como “Me gusta”.
Polo momento a Xacopedia só presenta os seus contidos en español e, aparte das entradas do que aseguran que é “a primeira enciclopedia virtual do Camiño de Santiago”, tamén inclúe unha relación dos albergues do Camiño incluíndo o seu ano de fundación e número de prazas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?