Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant contribúe a definir o futuro do sector primario europeo a través da Internet das Cousas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant contribúe a definir o futuro do sector primario europeo a través da Internet das Cousas

Redacción
Publicado: 10/11/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20150408-aioti-alianza-2.jpgA Alianza para a Innovación en Internet das Cousas (AIOTI) vén de publicar os doce informes que conteñen as Recomendacións para o futuro traballo colaborativo en Internet das Cousas dentro de Horizon 2020. Estas recomendacións de alcance europeo cobren as principais áreas de interese en materia de tecnoloxías para os obxectos conectados (as tecnoloxías IoT) entre 2016 e 2017. Os documentos foron elaborados polos once grupos de traballo que xuntan forzas na AIOTI: grupos formados por expertos da industria a alto nivel, innovadores, usuarios finais, especialistas en regulación e representantes sociais. O Grupo de Traballo 6, o que centra esforzos no ámbito da Internet das Cousas aplicada ao Smart Farming and Food Security, está liderado polo centro tecnolóxico Gradiant. Para o centro tecnolóxico, o ámbito da IoT para as actividades que abrangue o concepto farming é un “eido de notable interese para Galicia, cuxo sector primario representa unha parte importante do seu PIB”.
Sinalar que o concepto de Smart Farming engloba a aplicación de recursos intelixentes en boa parte do sector primario, non só na contorna agrícola, senón tamén, por exemplo, na acuicultura e na gandería. Polo que respecta a Food Security, é un concepto que comprende seguridade alimentar pero tamén abrangue cuestións complementarias como control de alimentos ou seguimento do mesmos (o que se coñece como rastrexabilidade ou trazabilidade: procesos e tecnoloxías para coñecer o histórico, o emprazamento e a traxectoria dun produto ao longo da cadea de subministros).

Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant
Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant
O centro tecnolóxico galego recorda que durante este últimos seis meses, o grupo que lidera Gradiant traballou no documento de recomendacións para a Comisión Europea, de face a implantar proxectos piloto a gran escala dentro de Horizon 2020. Sobre o potencial desta liña de desenvolvemento de iniciativas, o responsable do Grupo de Traballo 6 (e director xeral de Gradiant), Luis Pérez Freire, fai fincapé na súa vontade global e integradora e cóntanos que as aplicacións de IoT para o sector primario “non só deberán estar dirixidas ás explotacións máis grandes e convencionais, senón que deben ser capaces tamén de ofrecer as mesmas solucións para todo tipo de explotacións”. Segundo engade, o informe céntrase nas oportunidades que ofrecen as tecnoloxías que nos interconectan cos obxectos nas súas aplicacións agrícolas, e os retos para desbloquear todo o seu enorme potencial en integracións a gran escala.
Como lembraremos, a Alianza para a Innovación en Internet das Cousas (AIOTI), posta en marcha grazas ao impulso da Comisión Europea, reúne a varias das maiores compañías tecnolóxicas que operan en Europa, como Samsung, Siemens, Telefónica, IBM, ou Cisco; ademais de centros tecnolóxicos e de investigación punteiros nos seus ámbitos de actuación a nivel europeo, como por exemplo Gradiant, que lidera como dixemos a fronte de traballo sobre granxas intelixentes.
Salientar que entre os obxectivos marcados pola Comisión Europea para os Grupos de Traballo de AIOTI destaca a elaboración de recomendacións para o desenvolvemento dunha serie de pilotos de innovación en IoT a gran escala, que serán financiados polo programa de innovación europeo Horizon2020 e que comezarán a partir de 2017. Eses documentos de recomendacións destinados á Comisión foron feitos públicos os días pasados e remitidos ao órgano de goberno da UE.
A AIOTI púxose en marcha o 4 de febreiro de 2015 baixo os auspicios da industria da Internet das Cousas e a Comisión Europea, creándose con ela “unha nova voz global para a IoT en liña cos valores europeos”. A industria, a través desta alianza, comprometeuse a establecer o ecosistema da Internet das Cousas “máis dinámico e áxil no mundo”, para mellorar a vida das persoas, para axudar a liquidar os retos da sociedade, e para estimular o crecemento. A AIOTI é hoxe en día o meirande foro de especialistas e desenvolvedores do ámbito IoT no continente. Entre os seus cometidos áchanse os de identificar os atrancos para a implementación da era dos obxectos conectados, as lagoas na estandarización e a normalización, amais de promover sinerxías xuntando aos distintos actores involucrados de todos os sectores: telecomunicacións, Internet, automotriz, fogar, sector primario, saúde e Cidades Intelixentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?