Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo celebra unha xuntanza do seu Consello Consultivo e debate acerca das súas estratexias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo celebra unha xuntanza do seu Consello Consultivo e debate acerca das súas estratexias

Redacción
Publicado: 11/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ineo1-2.jpgA asociación empresarial Ineo, referente do noso sector TIC, vén de celebrar en Vigo a reunión do seu Consello Consultivo. Na xuntanza contouse coa presenza dos principais axentes produtivos da nosa terra, que intercambiaron información e puntos de vista sobre os camiños a tomar por Ineo. O encontro reuniu ao presidente da asociación, Carlos Conde, e á súa directora xeral, Lucía Gregorio, con representantes dalgunhas das entidades máis referenciais do noso sector produtivo: confederacións de empresarios, colexios profesionais, universidades ou entidades financeiras. A un nivel máis concreto, na xuntanza participou Teresa Pedrosa (delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo) como presidenta do Consello Consultivo Teresa Pedresa.
No xantar-xuntanza tamén estiveron presentes o antecesor de Conde á fronte da presidencia de Ineo e vogal da xunta directiva, Jorge Cebreiros, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño, o presidente do Consello Galego de Cámaras José García Costas, o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG), Ramón Bermúdez de Castro, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez.
Ademais, estiveron representadas as tres universidades galegas, coa presenza de Asunción Longo, vicerreitora de Investigación e Transferencia da Universidade de Vigo, o vicerreitor de Comunicación e Coordinación de Santiago, Xosé Pereira, e o adxunto de Novas Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña, Víctor Carneiro. Polo sector tecnolóxico e empresarial, asistiu o director xeral do centro tecnolóxico Gradiant Luís Pérez, e en representación das entidades financeiras, o director de Banca Institucional de Abanca Santiago Novoa e o director de Comercio Exterior do Banco Sabadell Francisco Javier Balbín.
Segundo se fixo saber dende Ineo, asociación que está a piques de cumprir dez anos de andaina impulsando o labor das empresas tecnolóxico-dixitais na nosa terra (e alén dela), a plataforma empresarial ten entre os seus obxectivos “converterse nun instrumento de desenvolvemento da competitividade do sector TIC e dos demais sectores empresariais”. Ademais, salientouse o seu papel como “referente asociativo empresarial das Tecnoloxías da Información e Comunicación de Galicia”, sendo mostra diso a implicación das principais entidades e institucións autonómicas a través do seu Consello Consultivo. Constitúen este órgano as seguintes entidades: o Consorcio Zona Franca de Vigo, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), o Consello Galego de Cámaras de Comercio, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, a Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), Abanca e o Banco Sabadell.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?