Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A apertura do espazo Maker na Coruña impulsa os Museos Científicos da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A apertura do espazo Maker na Coruña impulsa os Museos Científicos da Coruña

Redacción
Publicado: 18/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coruna_museos_ciencia.jpgO Concello da Coruña vén de facer reconto da actividade xerada polos espazos de divulgación científica ao longo da Semana da Ciencia 2015. Foron, en total, 37.964 persoas as que se achegaron os días pasados ás instalacións de divulgación científica municipais, “o que supón un incremento dun 4,2% de visitantes respecto a mesmo período do ano anterior”. Como lembraremos, a rede de museos científicos do concello está integrada polo Aquarium Finisterrae, a Domus e a Casa das Ciencias. Segundo fixo saber José Manuel Sande, concelleiro de Culturas e Deporte, unha das razóns deste éxito de participación é a apertura recente da Sala Maker da Domus, de cuxa posta en funcionamento (fomentando o espírito da autonomía tecnolóxica e innovadora dos cidadáns) falamos arreo en Código Cero.
Segundo salientou Sande, “a constante actualización dos contidos por parte dos Museos Científicos, como é a creación do novo espazo Maker”, así como “a implicación do seu persoal” no desenvolvemento de “novas liñas de traballo e proxectos de presente e futuro”, resultaron “fundamentais” para provocar maior interese por parte da veciñanza na presente edición da Semana da Ciencia.
Volvendo ás cifras, sinalar que o museo científico máis visitado durante a Semana da Ciencia, o Aquarium Finisterrae, recibiu nunha soa semana 21.477 persoas, “máis público que en calquera mes da primeira metade do ano 2015”. O rexistro na Domus tamén aumentou durante a celebración da Semana da Ciencia 2015, ata acadar as 9.157 visitas, ao igual que a asistencia á Feira OSHWDem, que contou con 1.598 participantes, 400 máis que na edición de 2014. “Pola súa banda”, engadiu o edil, “o museo máis antigo da tríade e que este ano celebra o seu 30 aniversario, a Casa das Ciencias, rexistrou unha leve caída e recibiu 7330 visitantes”.
Polo que respecta ao espazo Maker@Domus, inaugurado a comezos de novembro, sinalar que se trata dun emprazamento de divulgación e dinamización emprazado na Domus (inserida á súa vez na rede de Museos Científicos da Coruña) cuxo lema é contribuír a que os visitantes sexan tamén participantes e se animen a facer tecnoloxías coas súas propias mans (o alicerce do movemento maker), fomentándose así o traballo cooperativo e de rede. A sala, por certo, conta con varias contornas de actividade: unha para realizar actividades de grupo, outra para celebrar actividades formativas, unha terceira para tarefas propias de maker e dous espazos tipo fab-lab, para traballos tipo obradoiro (cortadoras láser e tornos). Cómpre subliñar que o espazo é totalmente configurable, podendo adaptar os espazos ás distintas actividades así como a eventos máis multitudinarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?