Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao congreso LibreCon, que puxe en valor o desenvolvemento aberto.
Tamén destacamos outros temas como:
– Gradiant contribúe a definir o futuro do sector primario europeo a través da Internet das Cousas
– Todo sobre o Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicasde Galicia
– A Rede PLIR amosou os seus avances no deseño de ferramentas que recoñecen emocións
– O CITIC simplifica e abarata coa súa tecnoloxía os máis complexos proxectos de enxeñaría
– A tecnoloxía galega eHeart obtén un importante recoñecemento estatal
– Telefónica volve á senda do crecemento
– AMTEGA incrementará nun 14% o investimento en tecnoloxía
– A Deputación de Ourense sela en Brasil varias alianzas en materia de innovación
– Abanca e a Deputación da Coruña lanzan aplicación para o pago de impostos
– A Deputación de Lugo abre a Fundación TIC aos centros educativos
– O CPETIG xuntou ducias de expertos en TIC e Xustiza na Xornada de Informática Xudicial
– Investigadores do CiTIUS aceleran o secuenciado de ADN usando tecnoloxías Big Data
– A Deputación de Pontevedra prepara unha cumprida serie de eventos TIC nos seus CPAE 2.0
– O movemento maker chega a Santiago e A Coruña
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
