Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Insulclock: tecnoloxía galega para automatizar todo o proceso da administración de insulina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Insulclock: tecnoloxía galega para automatizar todo o proceso da administración de insulina

Redacción
Publicado: 20/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

insulclock.jpgEntre as iniciativas impulsadas nesta nova edición (a segunda) do centro de crowdworking Galicia Open Future (posto en marcha por Telefónica e AMTEGA na Cidade da Cultura) atópase un proxecto tecnolóxico xa consolidado que serve de exemplo ilustrativo de en que consiste o concepto eSaúde (integración das máis avanzadas e estendidas tecnoloxías con servizos destinados a mellorar a calidade de vida persoas doentes ou dependentes). Falamos de Insulclock, un proxecto para desenvolvemento de dispositivos de última xeración para a administración de insulina e control da diabetes. As tecnoloxías deseñadas ao abeiro de Insulclock non só teñen potencial de abondo como para complementar os métodos tradicionais de acubillo e rexistro das anotacións sobre doses e tempos, senón mesmo para substituílos por completo. E co engadido de borrar dun sopro calquera posibilidade de erro ou trampeo.
Segundo informa GCiencia nunha completa e exhaustiva reportaxe sobre o alcance do proxecto Insulclock, os dispositivos postos en xogo son de pequeno tamaño e están deseñados para seren colocados en calquera pluma de insulina. Cando a aplicamos o trebello subministra información sobre a dose (por Bluetooth) a unha aplicación móbil de maneira automática e sen que o usuario deba intervir. Esta información achega claves sobre o tempo de administración, as cantidades ou a temperatura da insulina aplicada. Os datos fican acubillados dende o intre da inxección para que logo calquera facultativo ou persoa próxima ao doente poida recuperalos. Os responsables de Insulclock estiman que a tecnoloxía chegará ao mercado ao longo do primeiro semestre de 2016.
Segundo explica máis en detalle Jesús Pérez, director de Insulclock, “a tecnoloxía desenvolvida supón sobre todo calidade de vida, porque permite automatizar todo o proceso para pautar ben a administración da insulina con só facer a inxección”. Ademais, engade, posibilita crear alertas, de gran utilidade para o caso de nenos que se administran sós o persoas dependentes ou pacientes que teñen que aplicarse insulina moitas veces nun día.
Segundo engade o dito xornal en liña, xa hai varios colectivos de pacientes interesadas polo proxecto, por exemplo a Asociación de Diabéticos de Vigo ou a Asociación Áurea, de Ourense. Ademais, probarase en centros de saúde da nosa terra ao longo dos vindeiros meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?