Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG salienta as oportunidades de transferencia que se abren coa Fundación do CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG salienta as oportunidades de transferencia que se abren coa Fundación do CITIC

Redacción
Publicado: 23/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Marcos Mata, segundo pola dereita, no acto de constitución do padroado da Fundación do CITIC
Marcos Mata, segundo pola dereita, no acto de constitución do padroado da Fundación do CITIC
Entre as entidades galegas que veñen de xuntar forzas no padroado da Fundación do Centro de Investigación TIC (CITIC), de cuxa constitución dimos cumprida conta o pasado venres dende Código Cero, atópase o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática, o CPETIG. Na cita estivo presente, precisamente, o presidente da entidade, Marcos Mata, quen salientou a importante oportunidade para a nosa terra (comezando polo sector produtivo) que se abre coa formalización da Fundación.
Esta entidade, como lembraremos, ten como obxectivo “potenciar as actividades de investigación e transferencia na área das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións ao sector produtivo, para o que haberá unha maior implicación coas empresas do sector”.
Amais do CPETIG, o padroado está formado pola Universidade da Coruña, Concello da Coruña, Altia Consultores, Appentra Solutions, Avansing, Bahía Software, Cluster TIC Galicia, Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, Emetel Sistemas, Enxenio, Indra Software Labs, R Cable e Telecomunicacións Galicia, Tecalis Engineering e Tecnoloxías Plexus.
cpetig_citic.jpgNo acto de constitución da entidade, o reitor da Universidade de Coruña, José Luis Armesto, destacou que nestes momentos son oito as empresas que están a traballar no segundo edificio co que conta a fundación no campus de Elviña, “unha proximidade que é exemplo de boas prácticas”; pola súa banda, o presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez Curral, afirmou que a presenza na Fundación é “para ser actores, non observadores”, e pediu “que as empresas de Galicia usen, valoren e contraten o que se fai na universidade”. Tamén considerou que a nova Fundación servirá para que deixe de ocorrer “que a universidade investiga unhas cousas e as empresas gañan diñeiro con outras.”
O coordinador da Fundación CITIC, González Penedo, sinalou pola súa banda aos investigadores como o principal activo e destacou como alicerces da entidade o fomento da investigación, a transferencia tecnolóxica a empresas e administración ou a formación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?