Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A TVG e a TVG2 incorpóranse a Vodafone TV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A TVG e a TVG2 incorpóranse a Vodafone TV

Redacción
Publicado: 30/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafonetv.jpgA operadora Vodafone España vén de anunciar incorporación das canles TVG e TVG2 á súa oferta de televisión a partir de mañá día 1 de decembro. As nosas cadeas autonómicas estarán accesibles no paquete Vodafone TV Esencial, ficando dispoñibles para todos os clientes de televisión do operador en Galicia. Segundo fai saber o operador, coa incorporación das canles públicas galegas (xunto cunha ducia de cadeas máis de todo o ámbito estatal) “dáse resposta á demanda de contidos autonómicos e locais naquelas zonas onde recentemente a compañía despregou rede de seu e nas contornas ás que está a chegar o seu servizo de televisión por primeira vez, como é o caso de Galicia”.
Amais da TVG e a TVG2, incorporáronse á grella de Vodafone as canles ETB HD, ETB1, ETB2, ETB3, TPA7, TPA8 e Canle Estremadura. A maiores, fíxoo Nova HD, Neox HD, Mega HD e MTV España. Como se pode ver, catro destas incorporacións son de alta definición (HD, High Definition), o que sitúa á operadora como “líder do mercado na emisión deste tipo de achegas”, con 65 canles na súa oferta.
Lembrar que a oferta de Vodafone TV está a ser obxecto nos últimos de importantes melloras e engadidos. Sen ir máis lonxe, este verán pasado a operadora salientaba por riba da competencia cunha oferta pola que era posible contratar as canles Abono Fútbol HD, Abono Fútbol 1 HD e beIN SPORTS HD por 6 euros/mes, pasando a custar 16 euros/mes para os que contrataran esta oferta máis tarde. En outubro, a maiores, fíxose pública a aposta de Vodafone por Netflix (o servizo de cine e series baixo demanda) co gallo da súa chegada ao mercado español ofrecendo 6 meses de acceso de balde ao videoclub en liña para os seus clientes.
Recordar que Vodafone TV, amais das sesenta cadeas en calidade HD que fornece na actualidade, salienta por achegar servizos avanzados como un sistema de gravación intelixente que permite gravar 3 canles á vez (con disco duro de ata 500 GB), unha funcionalidade para exercermos o
control da emisión en directo (parando e rebobinando ata 2 horas atrás en calquera momento) e un sistema para recibirmos recomendacións personalizadas e acaidas aos nosos gustos e intereses (a tecnoloxía achegada por Vodafone é quen de adquirir coñecemento sobre os nosos gustos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?