Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: LIGNUx celebra en Ourense un completo achegamento ao software e hardware libres
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

LIGNUx celebra en Ourense un completo achegamento ao software e hardware libres

Redacción
Publicado: 30/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornadas_lignux_ourense.jpgA cultura debería estar sempre ao alcance de todo o mundo. No tempo presente a cultura é sinónimo de tecnoloxía e indo pouco máis alá, de software e hardware. Para que o coñecemento chegue a todos os recunchos (sen clasismos, nin distincións de ningún tipo) traballan asociacións como LIGNUx, que vén de anunciar as II Xornadas de achegamento teórico-practico ao software e hardware libre no ámbito socioeducativo, que se desenvolven os vindeiros días 2 e 3 de decembro, coa colaboración da Asociación Pedagóxica e Cultural Educere e coa axuda da Universidade de Vigo (Vicerreitoría do Campus de Ourense, Escola Superior de Enxeñería Informática e a Facultade de Ciencias da Educación).
E que se persegue con este encontro? Pois contribuír ao achegamento da cultura libre aos asistentes, a través de relatorios sobre software e hardware libre, sempre cunha orientación socioeducativa.
As xornadas celebraranse no Edificio de Facultades, Universidade de Vigo, Campus de Ourense en horario de tarde de 18:30 a 21:00 horas. O mércores 2 de decembro celebrarase na aula 0.9 no andar baixo e o día 3 de decembro na aula 1.5 do primeiro andar.
As ditas xornadas son abertas ao público en xeral e de balde, sendo tan só preciso inscribirse previamente a través do formulario habilitado ao respecto, para o control do aforo.
A continuación damos conta do programa dos encontros.
Mércores 2 de decembro
· Conferencia de Juan Pombo, especialista en electrónica e computación e socio fundador da empresa ROBIMAT SC, adicada ao desenvolvemento de software e solucións de automatización robótica. A súa intervención dividirase en dúas partes: Unha adicada ao software libre (reseña histórica e aplicacións do ámbito socioeducativo) e outra adicada ao hardware libre e robótica; con demostración en vivo!!
Xoves 3 de decembro
· Charla de Pablo Castro, secretario adxunto de GPUL que fará unha breve introdución ao mundo do software, hardware e cultura libre, animando a contribuír en proxectos, asociacións, etc.
· Obradoiro de software libre. Dividirase en dúas partes: Entregaranse DVDs con programas libres, sistemas operativos Gnu Linux e manuais. A continuación, na primeira parte do obradoiro os relatores explicarán o contido do DVD así como as instrucións de instalación e funcionamento dos programas recollidos nel. Traballo autónomo dos asistentes ao curso instalando o material subministrado. Nesta parte os asistentes contarán coa axuda individualizada dos relatores: Pablo Castro, membros da Asociación LiGNUx e varios enxeñeiros informáticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?