Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra impulsará o emprendemento colaborativo e innovador en Barro, Meis e Lalín
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra impulsará o emprendemento colaborativo e innovador en Barro, Meis e Lalín

Redacción
Publicado: 01/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coworking.jpgA Deputación de Pontevedra está a apostar polas novas formas de traballo colaborativo e innovador. Así se reflicte no acordo asinado estes días coa Escola de Organización Industrial encamiñado a impulsar o emprendemento na provincia. Segundo fai saber a entidade provincial, a través deste convenio destinaranse 320.000 euros para a creación de espazos conxuntos de co-working (traducible por co-traballo: unha nova fórmula laboral que xunta diversos profesionais e sectores compartindo un mesmo espazo físico e virtual e desenvolver proxectos independentes ou conxuntos) no Polígono Industrial de Barro-Meis e en Lalín. Neles levaranse a cabo actuacións de formación, seguimento e adestramento para os novos proxectos empresariais acubillados.
O convenio, que terá unha vixencia de dous anos prorrogables, abrangue o equipamento destes espazos de Lalín, Barro e Meis con conexión Wi-Fi e eléctrica. Nestes acubillos de co-working farase especial fincapé en fomentar novas metodoloxías de traballo, comezándose pola fórmula do Lean Startup, destinada a acelerar o proceso de identificación da visibilidade dos proxectos emprendedores. Segundo avanza a Deputación, os espazos contarán tamén cun servizo de coordinación para o apoio de emprendementos, centro de formación e salas de reunión para o proceso de seguimento e tutela.
Con esta iniciativa a Deputación de Pontevedra busca fomentar o emprendemento na provincia e aumentar a probabilidade de éxito dos proxectos dos emprendedores nun período limitado de tempo, “identificando aqueles con maior potencial de desenvolvemento”. Para isto, realizaranse catro convocatorias públicas de co-working cunha duración, cada unha delas, de 5 meses, dando cabida cada unha a un mínimo de 16 e máximo de 22 proxectos emprendedores nos que participarán entre unha e tres persoas. Cada convocatoria desenvolverá 12 obradoiros obrigados de formación de 5 horas cada un sobre o desenvolvemento de competencias de emprendemento e xestión de proxectos. Por certo que cada edición de co-working incluirá eventos co obxectivo de impulsar o networking entre emprendedores así como, nas semanas finais do proxecto, unha xornada demostrativa de presentación das actuacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?