Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC volve colaborar con Yuzz e ofrece 20 prazas para emprendedores innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC volve colaborar con Yuzz e ofrece 20 prazas para emprendedores innovadores

Redacción
Publicado: 03/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

yuzz_santiago-2.jpgA Universidade de Santiago vai seguir colaborando con Yuzz fornecendo recursos e prazas (un total de 20) para persoas emprendedoras con idades comprendidas entre os 18 e os 31 anos. Así o fixeron saber o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE) e a USC, que veñen de informar do lanzamento da sétima edición do programa, destinado a fomentar o talento e as ideas innovadoras na mocidade. Segundo engaden, a convocatoria para participar fica aberta ata o día 14. Lembrar que o centro Yuzz de Santiago está emprazado no Edificio Emprendia. Dende alí, o ano pasado, informóusenos do recoñecemento á iniciativa Syspo (Sistema optimizado de xestión e localización de drons) cuxo responsable (José Manuel Vigo) atopou no centro da USC o pulo preciso para viaxar a Silicon Valley xunto con outros 41 mozos de todo o ámbito español.
usc_emprendia.jpgRespecto da nova edición de Yuzz Santiago, sinalar que os 20 emprendedores seleccionados desenvolverán os seus traballos dende un centro de alto rendemento, o Edificio Emprendia Campus Vida, “onde contarán con espazo físico para desenvolver a súa idea e poderán relacionarse con outros emprendedores, recibir formación impartida por expertos profesionais e ser asesorados por titores individuais”, informan os responsables da edición compostelá do programa, que engaden que “unha vez rematado, o proceso de formación e apoio, o mellor emprendedor do Centro Yuzz Santiago ganará unha viaxe a Silicon Valley, a meca mundial de innovación, onde se lle brindará acceso a foros de financiamento, asesoramento en internacionalización e contacto con inversores”. A o seu retorno, competirá cos mellores proxectos nacionais por un premio (30.000, 20.000 e 10.000 euros) para acelerar o desenvolvemento do seu negocio.
Máis sobre Yuzz
Trátase dun programa dirixido a persoas con idades comprendidas entre os 18 e 31 anos que ofrece, durante cinco meses, apoio, formación e asesoramento para elaborar planes de negocio baseados en ideas de base tecnolóxica. Nas seis edicións anteriores creáronse máis de 500 empresas no último ano participaron 900 emprendedores con 710 proxectos en 41 centros Yuzz de toda España. Segundo nos contan dende a USC, “a colaboración de máis de 60 entidades locais públicas e privadas fai posible que CISE, co mecenado do Banco Santander, a través de Santander Universidades, desenvolva o programa en todo o territorio, con centros de formación propios en cada localidade”. Na última edición contouse co apoio especial da Fundación INCYDE, Fondo Social Europeo e Red.es, ademais da colaboración de outras entidades e organizacións a nivel nacional como, Indra, Tuenti, Intel, Secot, a Fundación Príncesa de Girona e RedEmprendia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?