Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CDTIC amosa nun seminario as vantaxes e utilidades do software libre no ámbito gráfico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O CDTIC amosa nun seminario as vantaxes e utilidades do software libre no ámbito gráfico

Redacción
Publicado: 07/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cdtic-3.jpgO Centro Demostrador TIC vai acoller esta semana, o xoves 10 de decembro, unha actividade destinada a expoñer perante profesionais e empresas a gran listaxe de recursos que fornece o software libre na actualidade para os ámbitos da imaxe, o deseño gráfico e a edición. O seminario Unha imaxe vale máis que mil palabras. Aprende a creala con ferramentas libres impartirase da man da cooperativa gráfica Sacauntos nas instalacións do centro demostrador de AMTEGA en horario de 16.00 a 19.00 horas. Segundo informa a axencia nun plano máis concreto, o obxectivo é dar a coñecer as potencialidades e vantaxes de ferramentas como Inkscape, Scribus e GIMP. Trataranse temas como os custes das mesmas (por debaixo sempre dos programas privativos), as fortalezas e as limitacións destas solucións e daranse consellos prácticos para os envíos á imprenta.
Este seminario está destinado sobre todo a profesionais e persoas afeccionadas ao deseño gráfico e do mundo da edición; persoas que precisen crear publicacións, carteis ou folletos; persoas interesadas en autoeditar contidos; e a todos aqueles “aos que lles guste facer as súas propias creacións”. O encargado de impartir a sesión será Denís F. Cabrera, deseñador gráfico desde 2005 e membro de Sacauntos Cooperativa Gráfica e Urco Editora. Este seminario realízase en colaboración con AGASOL, a Asociación de empresas de Software Libre de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?