Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra fai un chamamento a decantarnos por videoxogos non sexistas e non violentos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra fai un chamamento a decantarnos por videoxogos non sexistas e non violentos

Redacción
Publicado: 09/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_pontevedra_xoguetes_campana_nadal_detalle.jpgCon vistas á celebración do Nadal e tendo en conta ata que punto nestas festas os xoguetes pasan a ser protagonistas materiais, a Deputación de Pontevedra vén de lanzar unha campaña para loitar contra a inxente cantidade de estereotipos e prexuízos que adoitan acompañar ao mercado dos brinquedos. A campaña, que se acompaña dun decálogo para a adquisición de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos, pon o punto de mira nos brinquedos tradicionais pero tamén nos que son propios dos tempos dixitais.
Segundo fixo saber na presentación da iniciativa a presidenta da Deputación, Carmela Silva, agora que se achegan as compras de Nadal é o intre axeitado “para realizar un chamamento á reflexión sobre a adquisición de xogos, xoguetes, libros ou videoxogos para as cativas e os cativos”. Para Silva, esta é unha boa oportunidade para impulsar “a compra de brinquedos non sexistas e non violentos”.
E engade: “Só así poderemos crear unha sociedade máis igualitaria e xusta entre mulleres e homes, con rapazas e rapaces que aprendan a dialogar e a vivir xuntos en paz, a ser máis creativos, a ter os seus propios criterios, a xogar en liberdade sen estar orientados, desde o berce, a realizar determinadas actuacións ou comportarse dun modo concreto”. Respecto dos produtos tecnolóxicos e as aventuras gráficas, a Deputación incide na importancia de fomentarmos, dende a familia, a importancia de elixir videoxogos que non potencien a violencia. Deste xeito, explícase na campaña, “educaremos para resolver problemas de xeito positivo, construtivo e creativo”. Asemade, a iniciativa fai fincapé no relevante que é, con vistas a traballarmos a prol dunha sociedade máis igualitaria, buscar “libros, xogos, videoxogos e xoguetes nos que se nomeen e estean presentes as nenas e os nenos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?