Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ESEI de Ourense celebra este venres a Hora do Código
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ESEI de Ourense celebra este venres a Hora do Código

Redacción
Publicado: 09/12/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_hora_do_codigo.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) vai celebrar este venres 11 unha xornada de portas abertas para amosar como se constrúen programas e sistemas informáticos. É dicir, para introducirnos no día a día da construción do gran edificio da Sociedade do Coñecemento. A iniciativa vai dirixida a rapazas e rapaces de 6 a 17 anos e, máis polo miúdo, consistirá en acharlles nocións básicas de programación, impresión en 3D e robótica. A actividade insírese nas celebracións mundiais da Hora do Código, iniciativa internacional ao que o centro se une xunto ao Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e á Concellaría de Educación de Ourense.
A xornada de portas abertas foi presentada este luns no Campus de Ourense polos representantes das entidades organizadoras. No acto estivo presente Ana Garriga, directora da Escola, quen salientou a importancia de que nenos e mozos coñezan “o que hai detrás de instrumentos que empregan todos os días, que forman parte xa da súa vida diaria”. O obxectivo da iniciativa é, recalcou Fernando Suárez, presidente do CPEIG, “estender os coñecementos de ciencias da computación” aos máis pequenos e pequenas para que “coñezan os conceptos e o mundo no que viven”, un mundo no que a tecnoloxía está cada día máis presente a todos os niveis. “Unha hora de código pode resultar moi enriquecedora”, subliñou Belén Iglesias, concelleira de Educación, que fixo fincapé en que a programación é hoxe en día “unha das linguaxes máis universais que existen” e que o seu coñecemento fomenta habilidades como a creatividade e a lóxica.
Lembrar que o proxecto Hour of Code, Hora do Código, está promovido desde o ano 2013 pola entidade sen ánimo de lucro estadounidense Code.org. Trátase dun evento internacional que consiste nunha introdución dunha hora de duración ás ciencias da computación, deseñada para amosar que todo o mundo pode aprender a programar.
Segundo fixeron saber na dita presentación, a ESEI de Ourense acollerá tres actividades principais a desenvolver coa participación de voluntarios do centro e do colexio profesional. A primeira actividade será de introdución á programación e nela haberá sesións dunha hora na que as rapazas e rapaces de 6 a 10 anos poderán aprender a programar xogos de Starwars ou Frozen. Tamén haberá sesións de iniciación ao Scratch, nas que poderán inscribirse nenas e nenos de 10 a 16 anos. A segunda actividade, deseñada para cativos de 10 a 15 anos, será de impresión en 3D. Nela, “as persoas participantes poderán aprender como se fan pezas e se traballa con escáners, impresoras e lapis 3D”, sinalouse. Por último, celebrarase unha actividade de programación de dispositivos de robótica con Arduino, pensada para adolescentes de 13 a 17 anos. Para cada actividade haberá varias aulas habilitadas, celebrándose sesións a diferentes horas ás que tamén poden asistir os pais e nais que o desexen.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?