Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 27% dos usuarios de dispositivos móbiles garda neles datos que non queren amosar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 27% dos usuarios de dispositivos móbiles garda neles datos que non queren amosar

Redacción
Publicado: 09/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobil_seguridade_privacidade.jpgEn xuño deste ano Kaspersky Lab (empresa de solucións de seguridade endpoint) e B2B International levaban a cabo un estudo para informar sobre o risco de seguridade dos usuarios de dispositivos móbiles. A enquisa, que recolle as respostas de 12.355 persoas a partir dos 16 anos dun total de 26 países (entre eles España) conclúe que o 88% dos españois almacena información importante e confidencial nos seus smartphones, incluíndo contrasinais, mensaxes, fotografías, contactos, arquivos e máis. O 27% afirma que garda información nos seus dispositivos que non lle gustaría que ninguén máis vise.
Asemade, os usuarios confesan que non se separan destes dispositivos e que os empregan en calquera parte: no traballo (55%), no coche (38%), no transporte público (53%), na cama (62%) e mesmo no baño (45%).
Fóra de casa, estes dispositivos enfróntanse a riscos potenciais como danos físicos, perda ou roubo; pero tamén existe a posibilidade de seren hackeados co fin de roubar os datos ou espiar ao usuario. Cómpre subliñar que os dispositivos que usan redes Wi-Fi abertas son particularmente vulnerables a estes ataques. Con todo, pouca xente toma medidas para reducir o risco.
O estudo de Kaspersky Lab amosa que só o 35% dos españois adapta as súas actividades en liña cando está nunha rede Wi-Fi pública insegura malia ao feito de que os ciberdelincuentes poden interceptar os datos e os contrasinais. Un pouco máis da metade dos usuarios españois, o 55%, aproveita as medidas de seguridade que veñen co dispositivo como o bloqueo remoto ou a función de atopa o meu dispositivo.
O impacto de non protexer os dispositivos que levamos connosco pode chegar a ser moi importante. Segundo o estudo, o 17% dos españois cuxo dispositivo se perdeu ou foi roubado descubriu que a información persoal ou secreta rematou por filtrarse.
Dende Kaspersky Lab recomendan elixir contrasinais seguros para os nosos dispositivos e para as contas en liña, instalar unha solución de seguridade de confianza, ter coidado ao acceder a sitios web e ao descargar aplicacións, en particular a través de redes Wi-Fi inseguras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?