Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta e a FEGAMP impulsarán a través da CeMIT o noso afianzamento nas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta e a FEGAMP impulsarán a través da CeMIT o noso afianzamento nas TIC

Redacción
Publicado: 10/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20151210_consello_xunta_01.jpgO Goberno galego e a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) veñen de anunciar unha nova liña de traballo conxunto destinada, nas súas propias palabras, a “garantir que a capacitación dixital chegue a todos galegos a través das actividades que organiza e promove a Rede de aulas CeMIT”. A colaboración FEGAMP-Xunta, que se vai desenvolver ao longo de 2015, foi aprobada hoxe no Consello da Xunta, estando prevista a sinatura do mesmo para os días vindeiros (sinatura formalizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, a Vicepresidencia e Consellería de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a FEGAMP). Segundo se detallou no Consello, a alianza encamíñase a impulsar na cidadanía coñecementos e formación sobre o acceso ás TIC e, nun plano máis amplo, sobre habilidades dixitais, “facilitando aprendizaxe permanente e contribuíndo á mellora da empregabilidade”.
20151210_consello_xunta_02.jpgO acordo establece que en 2016 a axencia AMTEGA achegará aos concellos a través da FEGAMP 782.774,70 euros para a realización de actividades en materia de inclusión dixital nas aulas da devandita rede, máis polo miúdo nas consideradas “aulas de referencia”. O orzamento distribuirase atendendo a criterios de actividade destes espazos de divulgación TIC así como da poboación do concello. Segundo salienta a axencia, unha das “novidades” do acordo deste ano reside na posibilidade de “dispor dunha listaxe de aulas de reserva, de xeito que, cando unha aula de referencia sexa baixa por vontade propia ou por incumprimento dos criterios establecidos, as aulas de reserva poderán pasar a ser aula de referencia sempre e cando cumpran os requirimentos de actividade”. O orzamento constitúe unha parte do investimento total que a AMTEGA destinará á inclusión social o vindeiro ano, que ascende a máis de 1,6 millóns de euros. Os obxectivos previstos da Rede para 2016 son impartir 45.000 horas de formación dixital gratuíta é acadar os 56.000 usuarios rexistrados.
Segundo se fixo saber, xunto coas actividades formativas, o vindeiro ano porase a disposición da cidadanía galega dúas novas ferramentas para facilitar o acceso aos recursos de capacitación dixital. Así, entrará en funcionamento unha web de Inclusión Dixital. Esta abranguerá toda a información relacionada cos servizos, proxectos e iniciativas desenvolvidas pola Xunta neste eido e máis un mapa de e-inclusión, que fará posible atopar e xeolocalizar os ditos activos e recursos dispoñibles en Galicia no ámbito dixital.
A maiores, AMTEGA engadiu que o vindeiro ano terán continuidade iniciativas singulares que se puxeron en marcha en 2015, como por exemplo CeMIT-Innova, un proxecto para o fomento da innovación social dixital en Galicia e que supuxo a posta en marcha de dez novos pilotos colaborativos impulsados polos axentes TIC das aulas. Tamén se ampliará O Banco de tempo, que busca compartir horas de formación entre centros a través de videoconferencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?