Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha web sobre a nosa disidencia audiovisual, Novo Cinema Galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha web sobre a nosa disidencia audiovisual, Novo Cinema Galego

Redacción
Publicado: 10/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

novo_cinema_galego.jpgTemos nova web sobre e para o noso audiovisual, unha fonte inesgotable de información, coñecemento e experimentación. Estamos a falar da páxina Novo Cinema Galego, un sitio que, como o seu nome indica, é un acubillo de datos para todas e todos os que queiran dar conta das películas e series que saen arestora da nosa terra e, tamén, das prácticas e metodoloxías innovadoras que se poñen en xogo, hoxe, para facer cinema dun xeito diferente (facendo posible o que ata hai ben pouco e polos vieiros tradicionais, era imposible). A web é, de feito, unha festa do alternativo, unha escolma de todas aquelas producións que se saen dos “criterios comerciais convencionais”. Diríxese, de cheo, a apostar polos novos xeitos de crear, rodar, producir, distribuír e amosar.
Por certo que nesta fin de semana (a que vai do 11 ao 13 de decembro) vaise presentar oficialmente o proxecto na Casa das Campás de Pontevedra (o domingo 13 ás 12.00 horas), no marco da edición 0 do Festival Novos Cinemas na Cidade do Lérez.
Segundo adiantan os responsables da páxina, un dos obxectivos fundamentais da iniciativa é “servir como base de datos e punto de encontro na Rede de todas aquelas maneiras de entender o cinema de xeito diferente ao tradicionalmente establecido”. Trátase pois dun acubillo de información sobre a creación fílmica dende a independencia creativa galega. Hai artigos, documentación e fichas. A web vén da man de Álex Bragaña, Xurxo González, Beli Martínez, Alberte Pagán e Bárbara Primo. Xa que se trata dun proxecto no que se aposta por informar de novas formas cooperativas de crear (formas que en realidade veñen de moi antigo), o equipo impulsor ten as portas abertas para a chegada de novos membros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?