Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e o CEIP Vistahermosa de Ourense únense este venres á Hora do Código
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e o CEIP Vistahermosa de Ourense únense este venres á Hora do Código

Redacción
Publicado: 10/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hora_do_codigo.jpgChega a Hora do Código (a celebración internacional que conmemora os beneficios de lanzarnos dende idades temperás a programar e a facer nós mesmos a Sociedade da Información) e a nosa terra está a pechar fileiras para festexala como se merece. Se onte mesmo falabamos das actividades da ESEI de Ourense hoxe toca falar do que se vai facer dende o CEIP Vistahermosa, ámbalas dúas actividades impulsadas na Cidade das Burgas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
Como lembraremos, o proxecto Hour of Code (Hora do Código) vén da man da entidade sen arela de lucro Code.org, que ten como obxectivo fomentar o ensino en programación entre nenas e nenos de todo o mundo. E todo a través de titoriais básicos dunha hora de duración. O CPEIG, que leva anos uníndose a esta iniciativa, recunca para incidir unha vez máis no vantaxoso que será para as novas xeracións (no seu futuro académico, laboral e persoal) ter coñecementos amplos de informática.
Estas actividades insírense nas celebracións da Semana da Docencia en Informática, do día 7 ao 14 do presente mes de decembro. Volvendo á cita do CEIP Vistahermosa, sinalar que se celebra este venres 11 e que vai acoller unha serie de obradoiros organizados polo CPEIG en colaboración co propio centro e o seu profesorado. O encargado de coordinar os obradoiros para os diferentes cursos de Infantil e Primaria será o vicepresidente do colexio, Juan Otero. As actividades desenvolveranse ao longo da mañá e estarán abertos á participación de nais e pais.
Como lembra o colexio, a Hora do Código é o evento de aprendizaxe máis grande do mundo no que máis de cen millóns de estudantes de 200 países celebrarán un mesmo evento. Code.org é un organismo público sen fins de lucro dedicado a ampliar a participación en informática. O seu obxectivo é que todos os estudantes teñan a oportunidade de aprender programación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?