Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense acolle unhas xornadas sobre como mapear o mundo en igualdade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense acolle unhas xornadas sobre como mapear o mundo en igualdade

Redacción
Publicado: 10/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_xornadas_mapeo_xenero.jpgReconstruír o coñecemento xeográfico, cada nome de cada cousa que hai no noso territorio, dende un ámbito onde as novas tecnoloxías estean ao servizo do igualitario e do cooperativo. Esta de refacer cartografías ceibes de punto de vista interesados e persoais é a proposta das xornadas Mapeos participativos desde a perspectiva de xénero que se celebran este xoves e venres na Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense e que achegan, en palabras das súas impulsoras, “a oportunidade de afondar noutras formas inclusivas de ver a contorna”. Os encontros veñen da man de Silvia García e María Isabel Doval, diríxense a afianzar novos xeitos de mapear, a través da crítica e a reflexión. Para isto, botarán man da ampla dispoñibilidade tecnolóxica actual e do acceso a ferramentas de xeorreferenciación.
O programa das xornadas xunta expertos e expertas en mapas colaborativos, artistas, especialistas en planificación do territorio e sociedade, educadores e outros profesionais centrados nos estudos de xénero. Entre os participantes estarán artistas como María Meijide e Víctor Ulla e representantes de proxectos tecnolóxicos de investigación e expresión artística como Escoitar.org, o Colectivo RE.CREO, o Taller de Artes Plásticas 13.14 e Dexeneroconstrución.
A actividade está dirixida a universitarios e universitarias, a profesionais que traballan en relación co urbanismo, tanto dentro das administracións públicas como en empresas privadas, e ao público en xeral. Patrocinadas pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, as xornadas abranguerán mesas redondas e obradoiros. “Durante as sesións”, informan as organizadoras, “afondarase en temas como investigar cuestións de xénero con recursos visuais e mapas; os dispositivos múltiples existentes para construír mapas, circuítos e paisaxes arredor do xénero ou a iconografía e pictogramación desde unha perspectiva igualitaria”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?