Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo fai un chamamento aos Concellos para unírense ao Portal de Transparencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo fai un chamamento aos Concellos para unírense ao Portal de Transparencia

Redacción
Publicado: 11/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_rivera_portal_transparencia.jpgA Deputación de Lugo vén de facer un chamamento dirixido aos Concellos da provincia para que participen no seu Portal de Transparencia. O convite veu da man do deputado de Innovación e TIC, Pablo Rivera, que engadiu que a incorporación ao portal poría aos Gobernos locais en situación de “ir alén da Lei”, ou sexa da normativa 19/2013 que entrou en vigor esta mesma semana. A web en cuestión, engadiu, é unha ferramenta coa que se busca fomentar ao máximo a transparencia da actividade pública, “garantindo o acceso á información e determinando as obrigas do bo goberno das entidades locais”. Rivera lembrou que arestora xa son 55 os municipios adheridos á iniciativa e que, a día de hoxe, “o portal é pioneiro entre as deputacións de España por ir máis alá da normativa e acubillar información a maiores da que se esixe na Lei”. Por exemplo en aspectos como Open Data ou información urbanística.
Riveira engadiu que “o Portal de Transparencia é unha ferramenta viva, na que se irá publicando de xeito paulatino información actualizada sobre a Deputación e os seus proxectos, é dicir, un portal en continua actualización, máis completo e eficaz que o que presenta o Ministerio”. Con esta iniciativa, apuntou, “facemos un cambio total e absoluto do funcionamento das administracións públicas, establecendo un antes e un despois no que a publicidade de información se refire”.
A iniciativa, como lembraremos, está dotada con máis de 1 millón de euros. Deles, sinalou o deputado, menos da metade destináronse á posta en marcha do portal. Co orzamento en total “garántese o mantemento e funcionamento da web durante a vindeira década”, engadiu, explicando que o investimento tamén serviu, entre outras cousas, para facer un estudo que dese forma “a un modelo de web eficaz e eficiente”. A ferramenta, dixo, servirá como fonte para elaborar os orzamentos participativos do 2017, “pois tiraremos partido dela para que os veciños e veciñas da provincia nos axuden a priorizar os investimentos do presuposto provincial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?