Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A FIC e máis dun cento de escolares celebran este sábado a Hora do Código
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A FIC e máis dun cento de escolares celebran este sábado a Hora do Código

Redacción
Publicado: 11/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fic_hora_codigo.jpgA Facultade de Informática da Coruña acolle este sábado 12 ás 12:00 horas (ollo á combinación significativa de números: día 12 do mes 12 ás 12 horas) as actividades de seu para celebrar o evento mundial Hora do Código, como lembraremos un acontecemento transfronteirizo impulsado pola organización Code.org para salientar as vantaxes de formar a nenos e adolescentes na programación informática. As actividades da FIC, de feito, concibíronse para dar acollida a nenos e adolescentes. Segundo informa a Universidade da Coruña, un grupo de traballo de seu, formado por profesores e alumnos de Informática, da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos e da Facultade de Ciencias da Educación, axudarán aos máis de cen escolares inscritos cos retos propostos na páxina web Code.org.
“Serán retos moi sinxelos”, sinala a UDC, “inspirados en Star Wars, Frozen, Minecraft, etc. nos que hai que conseguir que un boneco virtual realice distintas accións simples, como que recolla lixo pola pantalla ou que dea voltas mediante ferramentas de programación pensadas para nenos”. Trátase, engaden os impulsores da iniciativa, de introducir aos escolares na linguaxe de programación Scratch, da que temos falado en múltiples ocasións salientando a súa vertente docente e ilustrativa acerca de en que consiste facer informática.
O evento está destinado para nenos e nenas de oito a catorce anos coa finalidade de que se inicien na programación de computadores “dunha maneira sinxela, amena, divertida e directa durante unha hora”. Ademais, segundo indican desde a Facultade de Informática, trátase de que “este centro se converta nun punto de reunión para todos os interesados na programación ou para aquelas persoas que queiran simplemente coñecer este mundo”.
Para facilitar o desenvolvemento do evento, a facultade pon a disposición de todos os asistentes computadores, aulas e titores que guíen a actividade. Todos os participantes recibirán ao remate un diploma acreditativo da súa participación.
Como recordaremos, a Hora do Código é unha iniciativa de Code.org, organización internacional pública sen ánimo de lucro adicada a promover as Ciencias da Computación en colexios e institutos. Celébrase nesta semana en máis de 180 países e o obxectivo deste ano é chegar aos 200 millóns de participantes en todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?