Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concurso de Proxectos Tecnolóxicos premia un videoxogo para zurdos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concurso de Proxectos Tecnolóxicos premia un videoxogo para zurdos

Redacción
Publicado: 11/12/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_proxectos_tecnoloxicos_concurso_15_2015.jpgFinalmente entregáronse esta semana os galardóns da edición numero 15 do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos que organizan Expourense e máis a Escola Superior de Enxeñaría Informática. No certame, máis polo miúdo, impuxéronse un videoxogo para zurdos e un sistema de detección de trastornos neurometabólicos. O concurso diríxese a recoñecer os mellores traballos fin de grao e de mestrado do alumnado das universidades galegas e do Norte de Portugal que cursen titulacións da área de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). Todos os seus galardóns foron outorgados a estudantes da Universidade de Vigo.
O acto de entrega celebrouse no Campus de Ourense nun acto que contou coa participación de Ana Garriga, directora da Escola Superior de Enxeñaría Informática; Emma González, directora adxunta de Expourense, e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense. Garriga, González e Fernández coincidiron en salientar a utilidade do concurso para ligar as actividades de investigación e desenvolvemento da Universidade no terreo da informática e as telecomunicacións, por unha banda, co mundo empresarial, pola outra. E todo, engadiron, “sensibilizando ás empresas sobre o que lles pode achegar a aplicación da innovación e a investigación para o aumento da produtividade e da competitividade e estimulando a capacidade innovadora dos estudantes para desenvolver proxectos cunha visión empresarial”.
O primeiro premio da Modalidade A recaeu no traballo Rock Bird, de Iván Trigos, alumno do Máster en Enxeñaría Informática, da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense. O seu traballo consistiu na preparación e elaboración dun videoxogo adaptado ao sistema operativo. Trátase dunha aventura gráfica que ofrece a posibilidade de adaptar a pantalla para xogadores zurdos. Esta aplicación estará dispoñible proximamente para descarga gratuíta na Play Store de Android.
Na Modalidade B o primeiro premio foi para o traballo Sistema para a detección de grandes insercións e eliminacións xenética e axuda ao diagnóstico de trastornos neurometabólicos, de Nuria Canle, do grao en Enxeñaría Informática do Campus de Ourense. Trátase dunha ferramenta deseñada para servir de axuda nas análises xenómicas, para axilizar o traballo dos xenetistas e para axudar a diagnosticar máis decontado trastornos como o autismo ou o cancro.
O segundo premio foi para Nicolás Vila, do Grupo MILE, polo proxecto GVarvi, un software de adquisición de sinais de frecuencia cardíaca en resposta a estímulos audiovisual, e o accésit para Santiago Iglesias, do Grupo LIA2, polo proxecto Software para o recoñecemento de características de nanotubos.

Ademais, e como unha das novidades desta edición, a Deputación de Ourense entregou o premio Provincia Intelixente, que recaeu en Nicolás Ladero polo traballo Deseño, implantación e validación dun sistema de recoñecemento de fontes sonoras sobre un SBC. Por último, o premio para o proxecto con máis seguidores en Facebook foi para Nicolás Vila. Nesta 15ª edición repartíronse un total 1400 euros en premios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?