Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo do Prado revoluciona o eido das pinacotecas en liña coa súa nova web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Museo do Prado revoluciona o eido das pinacotecas en liña coa súa nova web

Redacción
Publicado: 11/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

museo_prado_nova_web.jpgO Museo do Prado ten nova web, un novo proxecto en liña lanzado co apoio de Telefónica e no que salienta, ante todo, un marcado compoñente visual acorde coa actividade e co patrimonio da pinacoteca. A nova páxina, desenvolvida dende hai tres anos, substitúe a un sitio en liña que xa ficara en boa medida obsoleto, o lanzado en 2007. A páxina presentada agora é en toda regra unha pinacoteca en liña, o máis semellante que se puido lanzar a un Museo do Prado real e virtualmente na Rede. Está artellada dunha maneira que cada obra figura interrelacionada con outras moitas obras, e o mesmo acontece cos autores e mesmo coas actividades programadas. O motor da web, nun plano máis concreto, acubilla máis de 10.000 fichas de obras de arte, 1.800 autores da colección do Prado e máis de 20.000 conferencias, actividades, mostras, documentos ou arquivos.
Cada obxecto ao que accedemos, cada obra de arte, permítenos consultar cousas como ficha técnica, texto explicativo, vida do autor ou etiquetas relacionadas coa peza en cuestión. Achégase tamén unha sección multimedia con vídeos de conferencias e vindeiras mostras. Outra das grandes novidades é a natureza do buscador, que é semántico. Dito doutra maneira: no buscador concorre a Internet enteira, fortalecéndoo ao máximo e poñéndoo en situación de adiantarse ás nosas demandas. A web tamén destaca pola marxe de personalización que pon en xogo. De feito, achega unha rede social de seu chamada O meu Prado na que poderemos, como usuarios rexistrados, crear rutas propias ou marcar obras preferidas. Nesta vertente social da páxina, por certo, xogará un papel importante a canle Radio 3, que colabora co Museo incorporando percorridos virtuais con música escolmada polos seus locutores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?