Vodafone España vén de lanzar unha promoción para este Nadal á medida de quen ande á procura de facer agasallos alternativos, orixinais e, sobre todo, de utilidade. A promoción consiste en permitir que os clientes da operadora regalen 1 GB a un amigo ou familiar “e gozar así de 1 GB adicional para eles”. Segundo informa Vodafone, cada 2 GB (a repartir entre familiar ou amigo, por unha banda, e o propio cliente, pola outra) teñen un custe de dous euros. Poderemos agasallar ata un máximo de 5 GB. Por outra banda e como contrapartida, poderemos gozar sen límite de todos os datos que nos acheguen como galano outros clientes.
A promoción estará dispoñible para a súa activación desde o martes 15 de decembro ata o 7 de xaneiro, “tanto para novos clientes como para os actuais”. Dos datos que recibidos poderemos tirar proveito ata o 31 de xaneiro de 2016. Para solicitar a activación da promoción teremos que marcar *555# e a tecla de chamada desde o móbil ao 22123. Ademais, aqueles que soliciten a promoción a través da aplicación O meu Vodafone ou desde o portal móbil m.vodafone.es ou na ferramenta A miña Fibra Ono obterán 1,5 GB en troques do 1GB como beneficio extra para eles.
Os usuarios de Vodafone poderán agasallar datos aos seus amigos e familiares este Nadal
Compartir Este Artigo

