Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José Blanco amosa nunha xuntanza con Ineo as oportunidades europeas para o noso sector TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José Blanco amosa nunha xuntanza con Ineo as oportunidades europeas para o noso sector TIC

Redacción
Publicado: 14/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ineo_jose_blanco_web.jpgA asociación Ineo, agrupación referencial galega de empresas TIC, vén de celebrar unha nova edición do seu ciclo de debates Sobremesa con…, e fíxoo en compaña do eurodeputado galego José Banco. Segundo informa Ineo, a presenza de Blanco neste novo encontro para socios é unha mostra de que se están a reforzar os contactos da asociación coas institucións europeas, e este fortalecemento dos contactos achega xa resultados de especial relevancia e visibilidade, “sendo unha ocasión perfecta para que os membros de Ineo participen activamente e tiren proveito para as súas empresas destas iniciativas”. Son palabras de Carlos Conde, presidente de Ineo, que exerceu de anfitrión no encontro xunto coa directora xeral da asociación, Lucía Gregorio.
José Blanco, en calidade de representante da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía, e membro da Asemblea parlamentaria Euro-Latinoamericana, debullou as oportunidades que se abren para o sector das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) no marco da Comisión Europea perante os socios de Ineo, que amosaron durante a quenda de preguntas especial interese nas cuestións relacionadas co papel que Bruxelas pode exercer como prescriptor de empresas europeas en Latinoamérica e o financiamento de determinadas actuacións a través dos fondos que achega a Unión Europea como doadora.
O político lucense, asemade, referiuse ás últimas intervencións en Bruxelas, en especial sobre o Mercado Único Dixital, aproveitando para insistir na necesidade de reducir a fenda dixital, “un aspecto crucial para evitar os riscos máis evidentes da dixitalización, a exclusión de colectivos e contornas xeográficas, un asunto de máxima importancia”, sobre todo en Galicia, indicou, onde temos problemas evidentes “de envellecemento e despoboamento”.
A maiores do devandito, Blanco afondou na idea dunha “Europa unida que elimina barreiras de comunicación entre os cidadáns”. Neste senso, lembrou o que ao seu xuízo é un dos logros máis recentes no devandito ámbito, que é o adeus ao roaming en xuño de 2017.
A presenza en Vigo do eurodeputado José Blanco respondeu ao convite cursado pola delegación de Ineo no xantar que mantiveron en Bruxelas durante a recente visita da asociación TIC ás institucións europeas, na que analizaron conxuntamente o acceso a fondos comunitarios e os servizos destinados a PEME
Lembrar que as Sobremesas de Ineo con… son un tipo de encontros aos que están convocados os seus socios e que teñen como obxectivo, “nun ambiente distendido”, facer unha reflexión conxunta ao redor da experiencia ou a área de influencia do convidado, “orientando a charla cara aos aspectos máis relacionados coa innovación e as novas tecnoloxías”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?