Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica anuncia que a súa fibra óptica chegará este ano ao 86% da poboación de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica anuncia que a súa fibra óptica chegará este ano ao 86% da poboación de Vigo

Redacción
Publicado: 14/12/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vigo_centro.jpgTelefónica emitiu hoxe datos relevantes sobre as previsións a cuarto prazo da súa tecnoloxía FTTH (Fiber To The Home, ou sexa Fibra Até o Fogar) na cidade de Vigo. Segundo fixo saber a operadora, máis do 86% da súa poboación -unhas 253.000 persoas- poderá gozar ao remate de ano da fibra óptica ata os domicilios de seu, en palabras da compañía “a tecnoloxía de datos máis avanzada do mercado”. Así llo trasladou hoxe o director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, ao alcalde da cidade, Abel Caballero, durante unha reunión mantida no consistorio vigués na que Alonso lle explicou polo miúdo ao rexedor os detalles do despregamento. A día de hoxe, arredor de 105.000 vivendas da cidade gozan xa dos servizos que ofrece a FTTH.
Servizos entre os que se atopan os seguintes: velocidades de 300 Mbps, contidos audiovisuais en alta definición, videoxogos de última xeración ou capacidade para conectar varios dispositivos á vez coas mellores condicións de velocidade e calidade. Segundo fixo saber Alonso, o despregamento de FTTH na cidade olívica supuxo a contratación de máis de centenar de persoas e forma parte “do importante esforzo investidor que a compañía está a levar a cabo en Galicia en redes de nova xeración”.
Lembrar que ata o de agora, Telefónica dispón de cobertura FTTH en máis de 400.000 vivendas e zonas industriais das principais cidades de Galicia e prevé superar, antes de 2016, as 520.000 unidades inmobiliarias conectadas a esta nova rede. Polo tanto, a curto prazo as vantaxes da fibra óptica da empresa chegarán ao 85% da poboación destas urbes (aproximadamente 1 millón de galegos). Segundo apunta Telefónica, a dita tecnoloxía salienta “pola súa alta capacidade e calidade de transmisión -o sinal é inmune ás interferencias externas e ás inclemencias meteorolóxicas-, ademais de por ofrecer maior seguridade”. Nos traballos de instalación da nova rede en Galicia, que segundo informa a firma “xeraron un emprego estimado en 1.000 persoas”, Telefónica deu prioridade ao despregamento a través das conducións xa existentes, “co obxectivo de reducir ao máximo as obras a pé de rúa e as molestias aos cidadáns”.
Telefónica dotou tamén nos últimos meses a todas as rúas e barrios de Vigo con tecnoloxía 4G, o que fixo posible, en palabras da operadora, “que o 100% da súa poboación poida gozar de contidos en alta definición, de videoxogos online ou descargar e compartir música de forma instantánea con velocidades de navegación en Internet de ata 100 Mbps”. Para iso, engade, “foi precisa a implantación desta tecnoloxía de banda larga ultrarrápida móbil en 42 das estacións base urbanas existentes na cidade, e que ata o momento traballaban con redes 2G e 3G”.
Asemade, Alonso explicou a Abel Caballero que a compañía conectou estas estacións á súa rede de fibra óptica, mellorando, “debido ás súas meirandes flexibilidade e capacidade de adaptación aos cambios e ás diferentes demandas”, o servizo de transmisión de datos ofrecido, que permite ampliar a capacidade ou tráfico de datos cursado en situacións de alta demanda. “Este feito”, sinalou Alonso, “supón un aumento da cobertura en interiores e unha maior capacidade da rede, adiantándose así ao previsible incremento nos vindeiros anos do uso de terminais 4G e da demanda de datos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?