Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Éxito de participación nas actividades galegas da Hora do Código
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Éxito de participación nas actividades galegas da Hora do Código

Redacción
Publicado: 15/12/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_hora_do_codigo-2.jpgO venres pasado celebrouse na Escola Superior de Enxeñaría Informática ESEI do Campus de Ourense unha parte importante das celebracións galegas da iniciativa internacional a Hora do Código, destinada a amosar as vantaxes e beneficios de aprendermos a programar dende idades temperás. As celebracións da ESEI combináronse coas da Facultade de Informática da Coruña e coas visitas a un bo número de centros educativos galegos levadas a cabo polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (o CPEIG, que tamén participou arreo nas actividades da ESEI e da FIC).
Polo que respecta ao centro do Campus de Ourense, sinalar que con motivo da Hora do Código abriu as súas portas a rapaces e rapazas de 6 a 17 anos para ofrecerlles (xunto ao Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) nocións básicas de programación, impresión 3D e robótica. “O obxectivo foi que coñeceran dun xeito ameno e accesible a tecnoloxía que xa usan decote”, explicou Ana Garriga, directora da ESEI. Segundo engadiu Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus de Ourense, “a Hora do Código parécenos unha iniciativa moi positiva, pois permite aos participantes comprender mellor a tecnoloxía que nos rodea e quen sabe, quizais facer canteira, espertar algunha vocación”.
uvigo_hora_do_codigo2.jpgSegundo a organización, un total de 150 nais, pais e nenos e nenas apuntáronse a esta iniciativa na ESEI, esgotándose todas as prazas ofertadas. Elas e eles puideron divertirse e aprender nas tres actividades que se desenvolveron coa participación de voluntarios do centro e do dito colexio profesional. A primeira actividade foi de introdución á programación e nela houbo sesións dunha hora na que os cativos e cativas de 6 a 10 anos puideron aprender a programar xogos de Starwars ou Frozen. Tamén houbo sesións de iniciación ao Scratch para rapaces e rapazas de 10 a 16 anos.
A segunda actividade, deseñada para rapaces e rapazas de 10 a 15 anos, foi de impresión en 3D. Nela as persoas participantes tiveron a oportunidade de coñecer todo o proceso de creación dunha peza en tres dimensións, empregando escáners, impresoras e lapis 3D. Os inscritos puxéronse mans á obra para crear as súas propias pezas seguindo as indicacións de Ana Gómez e Pablo González, da empresa ourensá + que 3D. Por último, celebrouse unha actividade de programación de dispositivos de robótica con Arduino, pensada para adolescentes de 13 a 17 anos. Nela, Fernando Coladas, ofreceu aos participantes nocións básicas de robótica, programando sobre unha placa de software e hardware libre, “o auténtico cerebro dun robot”, e traballando con diferentes dispositivos sobre ela.
Polo que atinxe ás accións desenvolvidas polo CPEIG nos centros educativos, sinalar que foron levadas a cabo co alumnado do CEP de Ventín (Ames), o CEIP Curros Enríquez (Celanova), o CEIP Virxe da Pena da Sela (O Irixo), o CEIP Vistahermosa (Ourense) e A Grande Obra de Atocha (A Coruña). Os colexiados do CPEIG, coa axuda do profesorado, ocuparon a nenas e nenos desde Infantil ata sexto de Primaria nos diferentes obradoiros para aprender a programar.
Como lembraremos, o proxecto Hour of Code, Hora do Código, está promovido desde o ano 2013 pola entidade sen ánimo de lucro estadounidense Code.org. Trátase dun evento internacional de introdución ás ciencias da computación durante unha hora, deseñado para amosar que todo o mundo pode aprender a programar e así comprender os fundamentos básicos desta disciplina.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?