Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: InLugo pecha ano con accións divulgativas na provincia e un concurso TIC sobre O Apalpador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

InLugo pecha ano con accións divulgativas na provincia e un concurso TIC sobre O Apalpador

Redacción
Publicado: 15/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inlugo_concurso_foto.jpgO Centro de Innovación Social InLugo (Fundación TIC, Deputación de Lugo) está a acometer a recta final de 2015 cun “amplo programa de actividades destinado aos lucenses de máis de 55 anos”. Esta escolma de iniciativas inclúe obradoiros en varios puntos da provincia sobre alimentación e sobre o emprego do aparello móbil e a tableta na vida cotiá. Tamén haberá actividades ligadas ás festas do Nadal, actividades que culminan o día 22 coa xornada Nadal: Sons e Recordos, aberta ao público na sede do InLugo. O programa arrancou este luns 14 de decembro e tamén abrangue a celebración dun obradoiro–concurso de fotografía dixital, o certame O Apalpador TIC, e máis unha exposición das instantáneas feitas polos maiores participantes acerca do dito persoeiro galego e das celebracións feitas arredor del.
Como dixemos, o InLugo desprazarase a unha ducia de concellos de todos os puntos da provincia para achegar a formación aos maiores: Trabada, A Pontenova, O Valadouro, Guitiriz, Láncara, Antas de Ulla, Vilalba, A Pobra do Brollón, Viveiro A Fonsagrada, Navia de Suarna e Monforte de Lemos. Impartiranse tres obradoiros, que comezarán o martes 15 de decembro. Son os seguintes: O móvil como ferramenta diaria (a idea é amosar as vantaxes do uso do teléfono móbil na vida diaria das persoas maiores, posibilitándolles os coñecementos para realizar chamadas de emerxencia ou o uso da alarma e da axenda para recordatorios), A tableta como ferramenta diaria (utilidades deste dispositivo: consulta de Internet, xestión dunha axenda ou cámara fotográfica; tamén se tirará partido da aplicación Sempre en activo para a prevención do deterioro cognitivo) e Nadal Saudable (os participantes empregarán as tecnoloxías a prol dunha alimentación saudable).
Outra das actividades coas que o InLugo celebra o remate de ano é o obradoiro-concurso de fotografía dixital O Apalpador TIC. Neste caso, os asistentes familiarizaranse coas cámaras fotográficas dixitais, a creación dunha cota online ou o envío de arquivos por correo electrónico. Ademais, poderán achegarse ás redes sociais e desenvolver habilidades artísticas. O certame desenvolverase do 14 ao 18 de decembro, en horario de mañá. A exposición de fotografías e a entrega de premios celebrarse o 22 de decembro, durante a xornada Nadal: Sons e Recordos.
Ademais, e dentro da programación do terceiro trimestre de actividades do InLugo en 2015, desenvolveranse dous cursos do 14 ao 17 de decembro: Exercicio mental co ordenador en horario de mañá e Fai das túas fotografías unha felicitación de Nadal, en horario de tarde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?