Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A alianza IBM-Apple xa superou as cen aplicacións profesionais para iOS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A alianza IBM-Apple xa superou as cen aplicacións profesionais para iOS

Redacción
Publicado: 17/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Aplicación Fast Fix empregada pola multinacional Bosch
Aplicación Fast Fix empregada pola multinacional Bosch
IBM vén de superar a liña do centenar de aplicacións IBM MobileFirst para iOS. Estes lanzamentos (xa máis de cen) abéiranse á alianza da dita compañía informática con outro xigante, Apple, unha colaboración dirixida entre outras cousas “a transformar a maneira de traballar de múltiples sectores e profesións”. Estas profesións abranguen actividades propias da saúde, da xestión patrimoniais ou da distribución comercial. Así ata chegar a un total de 65 adicacións. Segundo informan as empresas, cada aplicación que abrollou do acordo combina as capacidades de tratamento avanzado de información masiva (Big Data) de IBM coa longa e frutífera experiencia de usuario de Apple. Todas comparten ademais outro nexo común: axudar ás empresas a acadar novos niveis de eficiencia, efectividade e satisfacción do usuario, cunha rapidez e facilidade “non vistas ata agora”.
Entre as compañías que tiran partido destas aplicacións para iPads e iPhones atópanse Air Canada, AXA, Coca-Cola Amatil, o Servizo Postal Xaponés, Rimac, e Vodafone Holanda. Tamén se atopa na lista a entidade financeira Abu Dhabi Islamic Bank, unha das bancas máis referenciais de Oriente Medio, que porá a disposición dos seus asesores financeiros a app Trusted Advice para axudar a estes profesionais a acceder e xestionar os segmentos de clientes, “de maneira doada e segura”, dende os seus iPads. Outra das multinacionais que aposta polo coñecemento xerado polo binomio Apple-IBM é Bosch, o fabricante de electrodomésticos e maquinaria industrial, que está a tirar partido da aplicación Fast Fix para que os seus enxeñeiros da área de servizo ao cliente poidan acceder desde os iPads á potencia da analítica de negocio, de tal maneira que estean en capacidade de resolver máis axiña problemas ou incidencias que xurdan,
“As nosas apps, que arestora representan un nivel exclusivo de valor para o negocio, están a evolucionar para proporcionar capacidades cognitivas que descobren a información máis relevante, o cal permite mellorar a toma de decisións”, afirmou Fred Balboni, director xeral da alianza con Apple, en IBM, que engadiu que “froito da unión entre a simplicidade do deseño de produto de Apple co incomparable nivel de seguridade, analítica e coñecemento dos sistemas cognitivos de IBM, chega a tecnoloxía punta para a transformación do negocio impulsada pola mobilidade”.
IBM tamén lembra que está a desenvolver aplicacións empresariais para iPad Pro que, informa, “aproveitan ao máximo a meirande potencia do dispositivo, o seu maior rendemento e a súa pantalla máis grande, así como as funcionalidades multitarefa de iOS 9, o que permite que os profesionais poidan traballar en dúas aplicacións ao mesmo tempo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?