Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede de Dinamización Lingüística anuncia que traballará por afianzar o galego nas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede de Dinamización Lingüística anuncia que traballará por afianzar o galego nas TIC

Redacción
Publicado: 17/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xuntanza_consello_membros_rede_dinamizacion_linguistica.jpgEsta semana aprobouse en Celanova a programación de actividades para 2016 da Rede de Dinamización Lingüística. Asemade, o Consello de Membros da Rede deu corpo definitivo ás súas liñas estratéxicas vindeiras a curto prazo. Entre estas liñas aproadas figura a dinamización lingüística nos ámbitos familiar, xuvenil e económico. Este labor de revitalización do galego, fíxose saber, será extensible ás novas tecnoloxías. A cita celebrouse no Mosteiro de San Salvador da localidade ourensá. A xuntanza do consello foi presidida polo secretario xeral de Política Lingüística Valentín García, titular da RDL. Nun plano máis específico, a Rede quere “tirar proveito das sinerxías que se poidan producir polo dominio galego .gal”.
A nova programación de actividades para o ano 2016 aprobada, de xeito unánime, polo Consello de Membros -tras ser esta elevada pola Xunta Directiva da RDL a proposta da súa Área Técnica- inclúe a promoción do uso do idioma no ámbito das novas tecnoloxías (considerado transversal no Plan xeral de normalización da lingua galega) e “aproveitar as sinerxías”.
Outra das iniciativas da axenda 2016 é a campaña de dinamización lingüística no tecido económico. “O obxectivo”, díxose, “é incidir dende o ámbito local, aproveitando para iso a vindeira posta en marcha do Plan de dinamización da lingua galega 2015-2020 que está a preparar a Xunta en colaboración cos principais axentes implicados no eido empresarial e na promoción do uso da lingua galega”.
A Rede tamén se comprometeu a promover “o emprego, a utilidade e a visibilidade da lingua propia de Galicia en actos e cerimonias de carácter relixioso e civil, cunha nova edición de textos para bautismos, casamentos, defuncións, funerais ou acollementos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?