Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ferrol súmase a Moovit, a innovadora aplicación que optimiza o uso do transporte público
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ferrol súmase a Moovit, a innovadora aplicación que optimiza o uso do transporte público

Redacción
Publicado: 17/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ferrol_aplicacion_transporte_presentacion.jpgO Concello de Ferrol anunciou esta semana a súa aposta por unha ferramenta informática que permite coñecer os horarios, os itinerarios, as incidencias e os servizos do transporte público da cidade. A aplicación móbil chámase Moovit e, tal e como anunciamos en outubro dende Código Cero, chega finalmente á cidade galega para fornecer un extra importante de eficiencia no transporte ferrolán. Como lembraremos, permite facer cousas como ver imaxes en vivo de como serán os traxectos que nos interesa percorrer ou recibir todo tipo suxestións fiables das rutas máis rápidas e cómodas en cada intre.
Segundo fixo saber o Concello de Ferrol, a aposta por Moovit do Goberno local levouse a cabo contando coa colaboración activa de Tranvías de Ferrol, Monbus e FEVE. A aplicación, dixeron, informará dos itinerarios, dos horarios precisos, dos posibles adiamentos e das avarías. Prevese que ofreza información en tempo real no primeiro trimestre do ano vindeiro.
En rolda de prensa, presentouse este 16 de decembro a aplicación coa que colaborou a Administración local e que permite dispor de información completa das liñas de autobús e tren entre Ferrol e Ortigueira. Na presentación participou o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a concelleira de Urbanismo, María Fernández Lemos, o director de Servizos de Tranvías, Jesús Fernández, e Alex Mackenzie Torres, CMO de Moovit.
No contexto que no ocupa (o contexto ferrolán) a aplicación proporciona datos aos usuarios sobre as 482 paradas e as rutas que conforman o transporte público de Ferrol, repartidas entre as liñas de autobús, con Narón e Neda, e a liña de FEVE entre Ferrol e Ortigueira. “Os cidadáns poden planificar os seus traxectos sen perder tempo en esperas e sabendo en todo momento cara a onde se dirixen”, fíxose saber na rolda de prensa, engadindo que “os usuarios estarán en disposición de saber cara a onde se están dirixindo, aínda cando vaian camiñando, ou canto tempo deben agardar polo seguinte transporte”.
Segundo salientou Jesús Fernández os autobuses xa están dotados de sistema de xeolocalización e prevese que nunha segunda fase, no primeiro trimestre de 2016, póidase pór en marcha a información en tempo real.
Esta colaboración establecida dende o Concello, á que Jorge Suárez amosou a súa confianza de que se sume tamén a empresa Arriva, forma parte do “impulso” que dende o Goberno local se lle pretende dar “a todo o transporte público de Ferrol, tanto de autobuses como de servizo ferroviario para tratar que o uso do vehículo privado cada vez sexa menor”. A idea, dixo o rexedor, é dar forma a unha cidade nova máis peonil no centro e mellor interconectada cos barrios. En definitiva, sinalou, “un Ferrol máis habitable, sostible e compacto”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?