Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xustiza galega desbotará o uso do papel entre profesionais e administracións a partires do 1 de xaneiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xustiza galega desbotará o uso do papel entre profesionais e administracións a partires do 1 de xaneiro

Redacción
Publicado: 18/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lexnet_cfv.jpgOnte durante a inauguración das IV Xornadas sobre cuestións prácticas de dereito procesual civil o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez destacou que desde o inicio da experiencia de implantación de Lexnet hai un ano téñense presentado de xeito telemático na nosa comunidade autónoma máis de 30.000 demandas e 250.000 escritos, e desde o ano 2009 en Galicia realizáronse polos órganos xudiciais galegos máis de 16 millóns de notificacións. Estas xornadas desenvolveranse tamén hoxe no Club Financeiro de Vigo, e están organizadas pola Universidade de Vigo e o Colexio de Avogados.
Para cumprir coa reforma da Lei de Axuizamento Civil (LAC), dende Galicia marcouse como obxectivo a eliminación do uso do papel na Xustiza por parte dos profesionais e administrativos a partires do 1 de xaneiro, e este importante paso cara á modernización da xustiza galega será posible logo da implantación das notificacións por parte dos xulgados e a presentación telemática de demandas e escritos polos profesionais da xustiza (procuradores, avogados, graduados sociais, administracións públicas) a través de Lexnet.
Martín Álvarez explicou que, dentro do novo Plan Senda 2020 (o II Plan Tecnolóxico da Administración de Xustiza en Galicia) a plataforma de intercambio seguro de información entre os axentes do ámbito xudicial Lexnet consolidarase como a canle de comunicación entre todos os profesionais do eido xudicial e recordou que o emprego dos medios e dos sistemas telemáticos existentes na Administración de xustiza para a presentación de escritos, documentos e a realización de actos de comunicación procesual é unha obriga para os profesionais e os órganos xudiciais (e fiscais) prevista na Lei 18/2011, e reiterada expresamente pola Lei 42/2015 de reforma da LAC.
O director xeral lembrou que un dos obxectivos do Plan Senda 2020, cun investimento previsto de máis de 26 millóns de euros para os próximos cinco anos, é a implantación efectiva do expediente xudicial electrónico, que permitirá a tramitación completa dun procedemento por medios telemáticos.
Ademais, tamén inclúe a posta en marcha da sede xudicial electrónica como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos dixitais do ámbito xudicial: a presentación telemática de escritos, a validación de documentos, taboleiro de edictos, notificacións electrónicas, poxas xudiciais ou o acceso seguro aos expedientes dos procesos xudiciais en que se é parte.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?