Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica Open Future terá centro de emprendemento TIC en Helsinqui
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica Open Future terá centro de emprendemento TIC en Helsinqui

Redacción
Publicado: 18/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

helsinqui.jpgTelefónica Open Future, a iniciativa global de crowdworking tecnolóxico da operadora na que se insire Galicia Open Future (Cidade da Cultura, Santiago), vai ter sede seu en Helsinqui: un centro acelerador de empresas semellante en certos aspectos ao que temos no monte Gaiás compostelán pero operando dende a área metropolitana da capital de Finlandia. Así o vén de dar a coñecer hoxe Telefónica, tras asinar un acordo co Ministerio de Emprego do país escandinavo, máis polo miúdo co as entidades Team Finland, Invest in Finland e Tekes (a Axencia Finlandesa de financiamento para a innovación).
Na palestra empresarial prevista para a capital as novas iniciativas tecnolóxicas finesas recibirían, en palabras da operadora, “apoio en asesoramento e en oportunidades de financiamento para dar forma ao seu negocio a escala global”. Asemade, o centro servirá de punto de apoio para os emprendedores españois que queiran introducirse no mercado finés, “perfeccionando o seu produto e ampliando a súa carteira de clientes”.
O obxectivo de Team Finland é “acelerar a internacionalización da actividade de novas empresas no sector da información, as comunicacións e a tecnoloxía, e axudalas na procura de mercados nos que medrar”. A colaboración con Telefónica Open Future ofrece “unha excelente oportunidade para que as compañías finlandesas accedan a novas oportunidades de negocio internacional”, sinalou Severi Keinälä, conselleiro industrial do Ministerio de Emprego e Economía.
Para Telefónica, “esta alianza espalla a presenza internacional da aceleradora máis aló de China e Corea do Sur, onde xa estamos presentes, sendo a colaboración con Finlandia unha forma natural de ampliar a actividade en Europa e atraer start-ups de tecnoloxía avanzada que teñen interese en traballar noutros mercados, como son España, Colombia, México, Arxentina e Brasil, así como posibilitar que os emprendedores españois tamén teñan a oportunidade de presentar e culminar os seus proxectos nos mercados nórdicos”, informou Ana Segurado, directora de Telefónica Open Future.
Nunha primeira fase seleccionaranse 20 compañías cuxa convocatoria se renovará anualmente. O panorama actual de Finlandia, para que non o saiba, é de puxanza TIC e, polo tanto, de grandes oportunidades. Segundo conta de primeira man Marko Vänskä, responsable de Industria e Capital para o Crecemento de Finpro, “o país conta con empresas vangardistas en solucións tecnolóxicas intensivas en coñecemento e, ademais, está a aumentar de continuo a súa reputación e atractivo a través da posta en marcha de eventos e concentracións onde amosar a súa tecnoloxía, como aconteceu recentemente con Slush, un dos maiores eventos de emprendemento do Norte de Europa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?