Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra aposta pola formación en TIC en Conectadas 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra aposta pola formación en TIC en Conectadas 2016

Redacción
Publicado: 21/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A Deputación de Pontevedra, a través da súa Xunta de Goberno, vén de aprobar as bases do programa Conectadas 2016, reformulación dun programa anterior (Pensa en ti) e presentado como unha proposta máis e mellor acaida, en palabras do organismo provincial, “á sociedade do século XXI”. En detalle, o programa diríxese a impulsar que as mulleres reciban “unha formación acorde cos tempos actuais” e que participen en actividades que as “empoderen”. Así, ten como obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres, favorecer o intercambio de experiencias en igualdade, impulsar accións formativas, facilitar o emprego da información e as novas tecnoloxías “e incorporar de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar”.
As accións formativas, cunha duración de 35 horas, estarán abertas a toda a poboación da provincia e incluirán o tratamento da igualdade entre mulleres e homes a través dun módulo de sensibilización en igualdade de 5 horas de duración. Segundo sinala a Deputación, as mulleres terán preferencia, reservándose o 25 % das prazas para homes, agás no bloque Súmate ao cambio, no que a participación pode ser mixta xa que se cubrirán as prazas ao 50 %.
Como dixemos, a idea do novo goberno do organismo provincial é achegar bloques de contido “radicalmente diferentes” aos do anterior executivo a través de Pensa en ti. Así, no canto de contidos unilaterais sobre artesanía, reparacións e bricolaxe, cociña, elaboracións artesanais, imaxe persoal ou música e baile, os de Conectadas 2016 centraranse en cousas como emprendemento (iniciativas sustentables para o emprego, achegándose formación sobre crear unha empresa e deseñar un plan de negocio, community manager, comercio electrónico, asesoría laboral e fiscal e adestramento), cultura (cursos sobre edición de fotografía, pintura, percusión e canto tradicional, teatro e animación á lectura e memoria), innovación e novas tecnoloxías (a través da proposta Actualízate tentarase alfabetizar dixitalmente as mulleres, do papel ao computador, correo electrónico, manexo de tableta, teléfono intelixente e redes sociais). O programa complétase con iniciativas formativas sobre artesanía, xardinería, alimentación, actividade física ou coidados persoais e saúde.
A iniciativa Conectadas, á que a Deputación de Pontevedra destina 321.433 € para o 2016, vai dirixida a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo “a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e a consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?