Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG achega os relatorios das súas xornadas sobre novos perfís profesionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG achega os relatorios das súas xornadas sobre novos perfís profesionais

Redacción
Publicado: 22/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpeig_profesions_dixitais.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de informar de que xa está dispoñible a publicación (en formato PDF) que recompila os relatorios das súas xornadas destinadas a amosar os múltiples vieiros laborais que abre a formación en novas tecnoloxías da información (as xornadas da campaña 1 mes, 1 profesión dixital). Como lembraremos, a primeira edición deste programa de divulgación de novos perfís profesionais desenvolveuse dende o mes de abril ata o mes de novembro do presente ano. Contou coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, e dispuxo de web propia para ir dando conta das múltiples citas e actividades que abrollaron do seu seo, profesionsdixitais.org.
Como lembraremos o miolo da campaña foi unha serie de charlas itinerantes que contaron coa intervención de expertos e profesionais para dar a coñecer novos perfís profesionais dixitais (deseñador e programador dixitais, blogueiro profesional, desenvolvedor de aplicacións, especialista en contidos ou análise de datos, técnico en mercadotecnia en liña, atención xeriátrica dixital ou experto en medios de pagos, por só citar algúns). Dado o éxito da iniciativa, está prevista unha segunda edición da campaña para o ano que vén.
O documento conta con prólogos da directora da AMTEGA, Mar Pereira, e do presidente do CPEIG, Fernando Suárez. A publicación recolle, ao longo de 44 páxinas, un resumo das intervencións dos relatores que participaron no ciclo. Pereira lembra na súa achega introdutoria que “existe arestora unha fenda entre a oferta e a demanda no mercado laboral e faise por tanto, máis que necesario, impulsar a identificación destes nichos de oportunidade e fomentar a especialización tecnolóxica precisa para xerar novos perfís profesionais prestos para resolver os retos desta nova época”. Pola súa banda, o presidente do CPEIG salienta no limiar que cómpre pór en valor “os exemplos de empresas e profesionais que amosan como, cada vez máis, estanse a demandar competencias e coñecementos dixitais e como o emprendemento neste ámbito fai que de continuo xurdan novos negocios que hai pouco non existían”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?