Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Toshiba perderá máis de 4.000 millóns e despedirá 6.000 traballadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Toshiba perderá máis de 4.000 millóns e despedirá 6.000 traballadores

Redacción
Publicado: 22/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

toshiba.jpgNon todas as firmas do ámbito tecnolóxico contan cos mellores agoiros para o inicio de 2016. Entre as que van comezar ano e peor situación atópase sen dúbida a histórica compañía xaponesa Toshiba, en tempos un referente en materia de computadores e equipamento e hoxe en día unha firma na picota por mor dunha xestión trabucada (inflado de cifras contables previo a impostos e intereses, entre outras irregularidades) que se remonta a 2008 ou mesmo a tempo antes. Unha vez máis, os principais prexudicados serán os que menos responsabilidade teñen na desfeita: os traballadores. Segundo estimacións recentes, Toshiba perderá máis de 4.000 millóns de dólares e recortará uns 6.000 empregos. Ademais, en todo 2015 perdeu case o 60% do seu valor en bolsa.
A compañía, como lembraremos, foi fundada oficialmente co comezo da Segunda Guerra Mundial, en 1939, aínda que a súa andaina xa vén de antes. De feito, as súas orixes reais están no século XIX coa fabricación de equipamentos e infraestruturas ligadas a unhas tecnoloxías daquela punteiras: o telégrafo e as lámpadas incandescentes. Ao longo da súa historia, xa no século XX, Toshiba achegou algúns dos enxeños máis referenciais da revolución tecnolóxica recente, como por exemplo os primeiros transmisores de televisión ou o computador persoal portátil Dynabook. De feito atribúeselle ter sido pioneira na comercialización dun computador portátil e dun soporte de información que daría moito que falar: o DVD.
Como dixemos, malia que o comezo da caída de Toshiba semella un feito recente, en realidade remóntase aos comezos de 2008, que é cando semella que se comezaron a cometer irregularidades importantes no balance de compañía, cousa que se manifestou nunha manipulación sistemática das cifras. En termos concretos, calcúlase que durante os últimos sete anos os directivos da compañía incharon os beneficios en máis de 1.100 millóns de euros. Trátase do meirande fraude contable da historia de Xapón.
A multinacional estima que o seu exercicio fiscal 2015/16, que conclúe o vindeiro 31 de marzo, pechará con perdas de 4.169 millóns de euros, segundo informou a propia multinacional, que ademais confirmou que suprimirá 6.800 empregos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?