Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa podemos colaborar para galeguizar as buscas da biblioteca dixital Europeana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa podemos colaborar para galeguizar as buscas da biblioteca dixital Europeana

Redacción
Publicado: 22/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

europeana.jpgA Europeana (a gran biblioteca dixital europea) e a comunidade internauta (a nosa pero tamén as demais) piden máis presenza da nosa lingua no seu seo. Máis polo miúdo, os seus impulsores requiren que poidamos facer buscas en galego no repositorio, un macro-acubillo de información de acceso libre que xunta máis de 45 millóns de documentos dixitalizados de máis de 2.300 institucións culturais dos 28 Estados membros da Unión. Así nolo lembran estes días dende a Universidade de Santiago (USC), que recorda que “con semellante cantidade de documentos de todo tipo”, dende libros e xornais a revistas pasando por gravacións orais ou pinturas ou mapas, “as buscas resultan imprescindibles”. E se poden ser en todas as linguas europeas, mellor que mellor.
O obxectivo de Europeana, de feito, é mellorar a calidade das procuras e que todos poidamos atopar o máis doadamente posible o que buscamos, ao tempo que se garante a diversidade e a gran vantaxe do multilingüe. Polo tanto, a gran biblioteca dixital europea remata ano cun propósito que nos atinxe de cheo: que tanto no que respecta aos elementos propios da procura como no relativo aos metadatos (os datos que describen os documentos e que serven para localizalos), todas as persoas usuarias do macro-acubillo dixital poidan facer procuras nas súas propias linguas. “Arestora”, informa a USC, “as coleccións de Europeana teñen metadatos en mais de trinta linguas europeas; no futuro todos os usuarios e usuarias europeos deberían poder facer as súas buscas nas linguas de seu”.
Para este labor, os impulsores da biblioteca europea propuxeron un traballo colaborativo. Así, precisan falantes de toda Europa que introduzan termos de busca nas súas linguas nais, para así logo poder avaliar a pertinencia deses termos. Segundo informa a USC, “as galegas e galegos temos aquí unha oportunidade de introducir a nosa lingua: ofrecendo a nosa propia versión da lapela de buscas xerais de Europeana, onde aínda non aparece o galego”. Para as e os internautas que se animen a colaborar, poden facelo seguindo os pasos detallados no caderno en liña da iniciativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?