Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ultreia fortalece a fórmula colaborativa coas súas novas instalacións no Campus da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ultreia fortalece a fórmula colaborativa coas súas novas instalacións no Campus da UVigo

Redacción
Publicado: 23/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ineo_ultreia_web.jpgUltreia Comunicacións, empresa membro da asociación Ineo, inaugurou este martes as súas novas instalacións emprazadas no Campus da Universidade de Vigo, unha nova sede de seu que, en palabras dos responsables da firma, diríxese a “impulsar un ecosistema de vangarda para o desenvolvemento de produtos TIC”. Segundo engadiu Ultreia, a través das dependencias acabadas de estrear e da man das empresas Balidea e Teltek (coas que comparte instalacións) créase unha contorna de colaboración entre compañías do sector tecnolóxico que ten como obxectivo o “fortalecemento de todas elas seguindo o modelo de Silicon Valley”. Son declaracións de Eduardo Díaz, de Ultreia, quen lembrou que a cooperación entre empresas “é clave para un crecemento común”.
Segundo explicou, o modelo de Silicon Valley apóiase nunha contorna na que os enxeñeiros de diferentes compañías apóianse uns aos outros decote e coa finalidade compartida de crear innovadores produtos TIC e acadaren maiores cotas de competitividade.
Volvendo á inauguración das novas dependencias, dicir que contou coa presenza de Ineo, que quixo participar na presentación dunhas instalacións que, en palabras da asociación, “están inspiradas no lema de cabeceira de Ineo”. Ou sexa, no lema Camiñar xuntos refórzanos.
Na cita, amais dos responsables de Ultreia e Ineo participaron o xerente de Teltek, Vicente Goyanes (que explicou os plans do seu espallamento internacional) e María del Carmen López, responsable en Vigo de Balidea (que salientou “o papel clave” da súa nova oficina de I+D+i no campus olívico, “de onde saen proxectos recoñecidos internacionalmente”, sinalou). Desde Ultreia Comunicacións amosáronse ilusionados con esta nova andaina, sendo a súa arela seguir obtendo froitos da súa colaboración no marco da Cidade Universitaria UVigo, “que vén exercendo como caldo de cultivo para empresas tecnolóxicas, ben a través dos seus alumnos titulados como das iniciativas que se forman na súa contorna”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?